Publicacións

Enganchados ó Facebook

Imaxe
[Susi Rial] As redes sociais son o último chanzo na comunicación virtual, que comezou no seu día co sinxelo correo electrónico. Os arousáns non estamos á marxe destas novas tecnoloxías. Redes como Tuenti, Twitter e Facebook adoitaban ser de uso case exclusivo da xente nova. Pero hoxe en día a idade dos usuarios está moi diversificada, o cal enriquece en gran medida os seus contidos.

Gaivotas

Imaxe
 O botín da gaivota A limpar o peixe, en compaña [Redacción] Algúns mariñeiros din delas “que lles das de comer e che cagan enriba”, unha frase que non deixa en moi bo lugar ás gaivotas. Pero gusten ou non, haille que recoñecer a súa habilidade para obter alimento, mesmo botando man de sofisticadas técnicas. As gaivotas son capaces de coller ameixas e mexillóns co peteiro, para logo deixalos caír desde o alto, co obxectivo de que as cunchas escachen contra o chan. Saben abrir ameixas, e tamén saben que a unha limpeza de peixe sucédelle un festival de maghas fáciles.

O legado de Ramón Ferro

Imaxe
  Fotografía tomada do Club de Piragüismo [Susi Rial] O deporte arousán está de parabéns. O pasado domingo 26 de setembro, Ramón Ferro culminaba un soño que levaba perseguindo durante varios anos, gañar o campionato do mundo. Desta maneira, consolídase como o mellor deportista nado na Illa.

Ponte ou viaduto?

Imaxe
  Así imaxinaban a ponte nun folleto de finais dos 70 [Susi Rial] Nos anos sesenta, os arousáns imaxinabamos que a nosa desexada ponte estaría sostida por arcos, ó gusto das antigas pontes romanas. Na festa da ponte de 1979, imaxinouse unha ponte colgante, quizais debido á influencia da ponte de Rande. Pero agora, 25 anos despois da súa inauguración e a piques de rematar a súa primeira gran reforma, que ocorrería se nos dixeran que o noso gran triunfo non é unha ponte, senón un viaduto? Pois todo semella indicar que así é.

Pasodobre universal (e da Arousa)

[Redacción] A canción que poden  escoitar no vídeo chámase “Pasodoble universal”, e acórdase da Arousa no minuto 1.35, e de Butango e de Polonia. Trátase do tema de lanzamento de “Manual de sedución”, o segundo e último traballo discográfico de Marful , grupo liderado pola cantante Ugia Pedreira. Colaboradora da revista Dorna , Pedreira coñece ben a ínsula así que vai estar coma na casa no concerto que vai ofrecer a noite do venres 17 no auditorio. Nesta ocasión, será co grupo Nordestinas , o conxunto que forma xunto con Guadi Galego e Abe Rábade.

Xa temos wifi municipal, ou non?

Imaxe
[Manuel Suárez Nieto] Un ano máis, a única actividade que vemos na web municipal é a publicación da adxudicación dos contratos con cargo ao Plan E 2010,  Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local. O pasado mes de abril, a xunta de goberno local do Concello aprobaba a adxudicación da obra " Despregue de rede sen fíos para acceso wifi en edificios e instalacións municipais " por un importe de 95.705 euros á empresa Dúo Telecomunicaciones, cun prazo de execución de dous meses. As obras xa remataron e o Concello está a dar claves de acceso a aqueles usuarios que o desexen e se pasen polas dependencias municipais.

25 anos non son nada

Imaxe
Un momento das obras de construción da ponte [Susi Rial] O 14 de setembro de 1985 cambiou a vida irremediablemente da xente da Illa de Arousa. A nova existencia do acceso rodado á Illa traería consigo unha nova percepción xeográfica. Antes o Bao daba a sensación de estar lonxe, moito máis lonxe do que está agora. Era un espazo enlamado que semellaba non formar parte da Illa, porque era coma un mundo aparte. A súa contribución foi vital para cumprir o vello soño da ponte.