Publicacións

Os patos rodean a illa

Imaxe
  Colonia de patos na praia de Semuíño [Susi Rial] Dende hai xa bastantes meses vense dando en certas praias da Illa de Arousa un curioso fenómeno, como é a gran proliferación de patos. Unha das praias más concorridas por estes animais é a praia de Semuíño. Nalgúns momentos chegáronse a contabilizar ata oitenta patos nunha praia de non máis de 25 metros de longo. Pero non todo foi mérito deles, posto que contaron coa gran axuda dos veciños da zona. Algúns collían os ovos e coidaban dos patiños ata que se facían grandes e se podían defender ben das gaivotas. Pero a natureza é sabia, e o resultado final non foi outro mais que a superpoboación. Os veciños tamén lles dan de comer regularmente, ata o punto de que, cando teñen fame, non dubidan en achegarse ás portas das casas pedindo comida co seu particular berro. Polo tanto, pódese dicir que son patos "semidomésticos". É tal a expectación que causan que, sobre todo coa chegada da calor, converteron a praia de Semuíño en des...

Novidades no blog

A partir desta fin de semana, na illa incorpora unha nova colaboradora, Susi Rial Guillán , que nos irá achegando ocasionalmente novos artigos de temática arousá. Licenciada en Xeografía,  Susi Rial xa ten colaborado hai tempo neste blog, coa redacción do artigo A ditadura do metro cadrado . Agora inicia unha nova etapa, que se estrea cunha entrada sobre os patos de Semuíño, o seu barrio. Os artigos de Rial irán identificados cunha etiqueta propia, que facilitará o seguimento das súas colaboracións. Por outra banda, tamén foi mellorado o motor de busca do blog . O buscador anterior só permitía localizar palabras nos títulos das entradas. Co novo sistema, o buscador rastrexa as entradas completas e tamén os comentarios, un avance que tamén foi implantado en na illa 2 , o blog de apoio no que se aloxan o dicionario de ausencias, a talasonimia e os outros proxectos de participación colectiva. Deste xeito, pódese recorrer ao buscador para consultar o significado dun termo e o deba...

Sobre os comentarios

Imaxe
O mellor deste blog son os comentarios, iso sábeo calquera que veña por aquí. A xente que comenta en na illa completa as informacións, corríxeas, matízaas e enriquéceas con novos datos e puntos de vista. Ademais de debater e deixar constancia das inquedanzas dos veciños da Arousa, os comentaristas deste blog tamén están a construír un Dicionario de Ausencias , o Proxecto Talasonimia , a Fraseoloxía Carcamana e o inventario de Apodos . O principio que guía a administración dos comentarios é o da non intervención: nin se borran nin se moderan as mensaxes deixadas polos lectores. Neste blog existe liberdade  para que cadaquén diga o que queira, e non molesta o anonimato, unha opción que lle permite, a quen así o desexe, liberarse da lóxica identificadora dunha comunidade pequena na que todos se coñecen. Ao logo de case cinco anos de existencia, este sistema funcionou ben, aínda que de cando en vez aparecese algún comentarista que tirase proveito da liberdade para lanzar ataque...

A nova ponte

Imaxe
A pontiña foi incluída no trazado para minimizar o impacto  da estrada na lagoa estacional  da Braña da Veiga Tal e como lles adiantabamos hai uns días , temos nova ponte na illa, aínda que desta vez, non é para salvar masas de mar, senón de auga doce. Agardamos unhas beirarúas xenerosas para o peóns, non como as que tiña a ponte de entrada e saída á Arousa, que agora está a ser reformada, entre outras razóns, para ampliar o espazo destinado aos camiñantes.

As fotos da 'illa dos carcamáns'

Imaxe
Foto: Toñito Gil O mar batendo no desaparecido 'malecón' do Campo A antiga fonte do Charco A "illa dos Carcamáns" é unha nova páxina do facebook   que está a difundir fotos antigas da Illa de Arousa. O espazo constitúe un valioso banco de imaxes, no que se poden atopar fotografías como as que mostramos aquí: unha fermosa estampa dun temporal con toda chea no Campo (canta xente se debeu anegar ao pasar por aquí!) e a primitiva fonte do Charco, que aínda hoxe continúa sen repoñer , e da que algúns mesmo negan a súa existencia.

Cemiterio de dornas

Imaxe
Dornas deterioradas no Cabodeiro, a comezos de xaneiro Imaxe doutra dorna na mesma praia, tomada hai uns días E un par de gamelas en desuso Ao tempo que medra a consideración social da dorna como embarcación para a práctica deportiva, moitas  dornas de traballo apodrecen nas praias. No Cabodeiro hai unha boa mostra de vellas dornas e gamelas que esmorecen.

A reclamada rotonda das Laxes

Imaxe
Custou, pero á fin xa está en execución a rotonda das Laxes, unha obra demorada e moi esperada polos veciños. A ver que lle poñen enriba.