Publicacións

Think tank para desacreditar a denominación de orixe do mexillón galego

Imaxe
O Consello Regulador Mexillón de Galicia, en Vilagarcía O Consello Regulador Mexillón de Galicia , independentemente dos erros que poida ter na súa xestión, está a ser vítima dunha orquestrada campaña de deslexitimación, impulsada por quen debería ser o seu principal garante, a Consellería do Mar, e en concreto, polo director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Carlos Maneiro. A presentación dos resultados dunha auditoría externa realizada ao Consello foi a escusa para iniciar un ataque contra a única institución que aposta pola unión do sector mexilloeiro e a implantación da marca de calidade “Mexillón de Galicia”. Co apoio de certos xornalistas da prensa local, estase a presentar unha interesada lectura das contas da entidade e a lanzar ideas como que a denominación de orixe, cos seus escasos dous anos de vida, é “unha marca de calidade inservible e insignificante en canto ás vendas”, tal e como publicou o Faro de Vigo recentemente. A información non detalla, por exemplo, ...

Seguimos

Imaxe
A marquesiña das Aceñas, en febreiro, rodeada de herbas Non se pode estar en todo e, ás veces, hai que deixar unhas cousas para poder facer outras. Grazas por seguirdes aí. A imaxe é da parada do autobús escolar das Aceñas, da que un comentarista se ten queixado en repetidas ocasións polo seu descoidado estado.

A vista de paxaro

Chaves acusa publicamente ao Concello de corrupción

Imaxe
Área de reparto en execución, en Gradín O incidente entre José Manuel Chaves Daporta, "o pastelero", e a arquitecta municipal, Pastora Parada, deu lugar a un cruzamento de acusacións que vai adquirindo tintes marbellís. Logo de que fose ampliamente divulgada a versión do Concello, Chaves pasou a contraatacar tamén nos medios. Nunha entrevista a SiRadio de Galicia , acusa aos responsables municipais de favorecer a determinados construtores, e de recibir cartos por detrás na adxudicación de licencias. Aquí teñen o momento: No cuarto de hora de conversa co locutor, Gabino Porto , o construtor arousán tamén se referiu ao caso dos pisos do Furado, e á xestión das áreas de reparto: Os polémicos pisos do Furado (Os cortes de voz foron extraídos da entrevista exclusiva concedida ao magazine "Rías Baixas Día a Día", de SiRadio de Galicia, divulgada na súa web)

Lixo

Imaxe
Monte de cacharros tirados en Carreirón  Se hai unhas semanas describíamos en que consistía o sistema de captura de polbos mediante cacharros , o obxectivo da presente imaxe é chamar á atención sobre a gran cantidade de artefactos abandonados e tirados polas praias, e en especial, no parque de Carreirón.

Un deseño corporativo 'histórico'

Imaxe
E aínda vixente A agrupación "Illa", creada en 1977, é o colectivo de bateeiros máis antigo da Arousa. Dende a súa fundación, cambiou algunha vez de sede, pero a súa característica imaxe corporativa permanece sempre inalterable na fachada.

Bateas de peixes, o futuro inmediato?

Imaxe
Batea de peixes do Instituto Galego de Acuicultura ( Igafa ) O plan de ordenación dos cultivos mariños , plasmado polo momento nun proxecto de liñas xerais, aposta polo impulso de especies diferentes do mexillón e da ostra, algunhas delas con viabilidade probada. Segundo apunta o documento, en Galicia existen 3.362 bateas dedicadas ao cultivo de mexillón, 101 á ostra, 75 centradas en policultivos e outras 193 instalacións experimentais de moluscos, crustáceos e peixes (polbo, navalla, ollomol, algas, ameixas...). Entre as plataformas experimentais, por certo, figuran tamén as bateas de reparqueo de mexillón, pensadas para aquelas zonas con risco alto de mareas vermellas, que precisan un lugar ao que trasladar o produto cando pechan os polígonos. Actualmente funcionan con éxito nas rías de Arousa e de Vigo. Tendo en conta a aposta do goberno Feijóo pola piscicultura –e cuxo máximo expoñente é a recuperación do polémico proxecto de Pescanova en Touriñán- é de esperar que a política para...