Chaves acusa publicamente ao Concello de corrupción
 
Área de reparto en execución, en Gradín  O incidente entre José Manuel Chaves Daporta, "o pastelero", e a arquitecta municipal, Pastora Parada, deu lugar a un cruzamento de acusacións que vai adquirindo tintes marbellís. Logo de que fose ampliamente divulgada a versión do Concello, Chaves pasou a contraatacar tamén nos medios. Nunha entrevista a SiRadio de Galicia , acusa aos responsables municipais de favorecer a determinados construtores, e de recibir cartos por detrás na adxudicación de licencias. Aquí teñen o momento:   No cuarto de hora de conversa co locutor, Gabino Porto , o construtor arousán tamén se referiu ao caso dos pisos do Furado, e á xestión das áreas de reparto:    Os polémicos pisos do Furado       (Os cortes de voz foron extraídos da entrevista exclusiva concedida ao magazine "Rías Baixas Día a Día", de  SiRadio de Galicia, divulgada na súa web)
 
 
 
