Publicacións

As importacións de mexillón foron impulsadas dende a Xunta

Imaxe
Descarga de mexillón no Chufre O director xeral de Competitividade e Innovación da Consellería do Mar, Xoán Maneiro, vén de declarar que o complicado momento que atravesa o sector mexilloeiro galego é consecuencia das guerras internas do sector. Á marxe dos problemas organizativos que poidan ter os bateeiros, Maneiro semella esquecer que foi a propia Xunta de Galicia, a través de misións comerciais pagadas con cartos públicos, a que alentou a entrada do molusco chileno no mercado galego. Xa no 2003, o entón conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, encabezou unha delegación comercial a Chile , co obxectivo de atopar novos proveedores de mexillón, co argumento de que a produción galega non era capaz de satisfacer a demanda, tal e como se recolle nesta entrevista . O conselleiro incluso lles recomendou aos produtores chilenos que cambiasen o nome de “chorito” polo de "mexillón” para ter éxito no mercado. Formaban parte daquela delegación, entre outros, o propio Maneiro, por entó...

A filmografía de Marcos Nine

O director Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) vén de estrear un blog no que reúne toda a súa filmografía. Entre os traballos que se poden visualizar en liña, figuran o documental Carcamáns(2003), que conta a loita dos mariñeiros da illa para frear o avance do chapapote do Prestige, ou a curta titulada Aarón (2009), gañadora do primeiro premio do IV Certame Curtas na Rede , na categoría de documental. Aarón é un neno de catro anos que fai unha sesión de fotos moi especial...

O samaín máis arousán

Imaxe
De porta en porta, á procura do botín Grupo de rapaces e rapazas pedindo, onte á mañá Un ano máis, os rapaces da Arousa cumpriron coa tradición de ir pedir polas portas "unha limosniña polos defuntiños que van alá".

As rendas dos labregos á Igrexa

Imaxe
Fragmento da "renda de froitos" da illa de Arousa, do século XIX O Ministerio de Cultura mantén na rede un interesante portal destinado á difusión do patrimonio histórico documental. Entre os arquivos dixitalizados que se poden consultar, figuran varios sobre a Arousa, como a carta do rei Fernando IV , pola que se lle concede ao mosteiro de San Martiño Pinario o privilexio de cobrar as rendas reais dos habitantes da illa de Arousa, coa condición de que os benedictinos manteñan acendida día e noite unha lámpada que o rei ordenou poñer na catedral compostelá. Do ben que a Igrexa levou as contas nos séculos sucesivos, dan fe os libros das rendas , tamén de acceso libre, nos que figuran por orde alfabética todos os pagadores arousáns, así como a cantidade de trigo, millo e centeo que abonaron.

Bugallos

Imaxe
Un bugallo, entre os restos da mallante O bugallo é un "tumor" do carballo, inducido polos insectos Os bugallos agochan no interior larvas Entre os residuos da mallante é moi habitual atopar bugallos, unha especie de bólas que forma o carballo arredor dos ovos de determinados insectos. Unha vez que se desprenden da árbore, os bugallos ou carrabouxos chegan ata a praia arrastrados pola marea.

Concertos, agora tamén no pub A Kultural

Imaxe
O pub A Kultural decidiu organizar unha serie de concertos para animar as fins de semana das frías noites de inverno. A iniciativa bota a andar o vindeiro 14 de novembro, coa actuación da banda viguesa Minim . Os concertos do Kultural súmanse á oferta habitual de música e teatro do pub Con do Moucho, e á programación cultural do Concello, que se desenvolve cada sábado no auditorio. Para o 12 de decembro, por certo, está prevista a actuación do grupo 6.P.M., do que forma parte o arousán Iván Oubiña.

O blog da ANPA

Imaxe
Captura de pantalla do blog Pais e nais de alumnos na última asemblea xeral (imaxe collida do blog da ANPA) A bitácora da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do colexio Torre é a última en incorporarse á lista de "blogs carcamáns" que figuran neste blog. O colectivo celebrou hai unhas semanas a súa asemblea xeral de comezo de curso, na que trataron aspectos relacionados co mobiliario da ludoteca, o transporte escolar ou a necesidade dunha maior implicación dos pais nas actividades do colexio, entre outros.