Publicacións

Un museo que precisa contidos

Imaxe
A antiga máquina de vapor da conserveira de Goday O Museo da Conserva da Arousa ten por diante o reto de ampliar os seus fondos con máis obxectos e documentación que aumenten o seu atractivo e representatividade. Ao parecer, o traballo non é fácil: boa parte da maquinaria orixinaria da fábrica foi vendida polos antigos propietarios, e tampouco se conservaron ferramentas da época, libros mercantís nin moitos obxectos do traballo cotián na conserveira, así que o recinto semella aínda un pouco desanxelado. Outro detalle que chama á atención da restauración é o feito de que se recubrise o chan orixinal da fábrica, unha mágoa. O museo non deixa de ser, de todas maneiras, un lugar que merece a pena visitar para coñecer un pouco mellor o pasado industrial da illa, e posúe un gran potencial como centro divulgativo e de aprendizaxe. Unha das pezas máis interesantes que se expoñen na actualidade é a máquina de vapor, que Goday trouxo de Birminghan no ano 1879 para alimentar de enerxía a factorí...

Mexillóns en escabeche: a Arousa como reclamo

Imaxe
A depuradora de marisco Vengarco , especializada na comercialización de mexillón en fresco, lanzou ao mercado unha liña de conservas en escabeche, que destaca polo novidoso deseño do packaging . O envase de cartón mostra unha foto aérea da illa.

O Carme, o 18 de xullo

Imaxe
Pasarrúas en Semuíño, nas festas do Carme do ano pasado Para os que preguntaban as datas das festas do Carme deste ano: do 15 ao 19 de xullo. O día grande, no que terá lugar a procesión marítima da Virxe do Carme, está previsto para o sábado 18. E na seguinte fin de semana, 25 e 26 de xullo, arrincan as celebracións gastronómicas, cunha nova edición da festa da navalla.

Preparados para recibir o maio

Imaxe
As portas das casas, os coches, e mesmo as bicis locen, xa na véspera do día un, a tradicional póla de xesta coa que se recibe o maio.

A folla parroquial

Imaxe
As amonestacións que preceden ás vodas relixiosas, os bautizos, as misas polos defuntos... boa parte da vida social da illa queda recollida na modesta folla parroquial que cada semana se distribúe na igrexa, "á vontade".

Operación Dourado

Imaxe
Portada do libro de investigación de Benito Leiro sobre o narcotráfico O veterano contrabandista Marcial Dorado foi detido recentemente, xunto con outras nove persoas do seu contorno, acusado de blanqueo de capitais en paraísos fiscais. A operación, denominada “Dourado”, foi dirixida pola Axencia Tributaria, tras anos investigando as operacións financeiras do arousán. Marcial Dorado cumpría actualmente condena no cárcere da Lama, acusado de suborno á garda civil. O empresario arousán, que ten asumido nalgunha ocasión a súa relación co choio do fume , sempre negou a súa implicación no tráfico de drogas. De feito, a Xustiza nunca puido demostrar a súa vinculación co narcotráfico, a pesares de que o seu nome saíu a relucir en varias ocasións, na Operación Nécora, en 1989, e durante a incautación dun alixo de cocaína a bordo do pesqueiro South Sea, no ano 2003. O xornalista cambadés Benito Leiro publicou en 1993 un documentado libro sobre o narcotráfico nas rías baixas, baixo o título Un l...

Máis obras: agora o Charco

Imaxe
O quiosco de Ceferino xa pasou á historia Con estas obras conclúese a pavimentación do contorno do Regueiro A rúa estará cortada durante dous meses Xa comezaron as obras de pavimentación do primeiro tramo do Charco, como continuación aos traballos de acondicionamento executados no contorno da praza do Regueiro. Segundo consta na web do Concello , a contrata foi adxudicada á empresa Sercoysa cun prazo de execución de dous meses.