Publicacións

Charla sobre o líder republicano Enrique Líster

Imaxe
Os comunistas galegos organizan en Vilagarcía un acto sobre a crise económica, no que se proxectará o último documental de Margarita Ledo, " Liste pronunciado Líster ". Enrique Líster (Teo, 1907-Madrid, 1995) foi un destacado líder comunista, que loitou á fronte do exército republicano durante a Guerra Civil.

O balance dos resultados, en clave local

Imaxe
A Illa de Arousa foi un dos dous concellos da provincia de Pontevedra que lle outorgou a maioría dos seus votos ao PSdeG (o outro foi Fornelos de Montes). Os socialistas manteñen a hexemonía no territorio insular, pero acusan a maior perda da xornada electoral, con 163 votos menos ca nas pasadas eleccións do 2005. Pola súa banda, o BNG , socio no goberno da Xunta, tamén resultou castigado nas urnas arousás, ao perder 68 votantes. O Partido Popular , o grande triunfador das eleccións galegas do 1 de marzo, pode estar satisfeito dos resultados logrados na illa, cun total de 1.193 votos, 251 papeletas máis ca nos anteriores comicios autonómicos. O PSdeG resiste na illa, pero perde forza. Autonómicas 2009. Unha vez máis, os veciños da Arousa acudiron masivamente aos colexios electorais, (82% de participación) aínda que esta vez, repartiron o voto entre máis partidos. Se no 2005 elixiron entre seis candidaturas, o pasado domingo obtiveron algunha papeleta 11 partidos diferentes. É de dest...

Os resultados do 2005 na illa

Imaxe
Votos obtidos polas diferentes formacións políticas, na Arousa no 2005 Este gráfico reflicte as votacións do electorado da Illa de Arousa nas eleccións autonómicas celebradas no 2005. Daquela, o censo electoral estivo composto por 4.007 persoas, das que se abstiveron de votar un 19,9%. Tradicionalmente, a illa rexistra sempre unha alta participación en todas as citas coas urnas. Xa veremos os resultados que nos deparan estas eleccións.

Guerra de folletos entre populares e socialistas

Imaxe
Portada do folleto propagandístico lanzado polo PP da illa A resposta do PSOE, máis propaganda electoral Páxina interior do folleto dos populares Como xa fixeran en anteriores comicios electorais, as agrupacións do Partido Popular e do PSOE da illa volveron enfrontarse a escasos días das eleccións, mediante panfletos propagandísticos que distribuíron entre os veciños. Os primeiros en lanzar a súa ofensiva foron os populares, cunha publicación de aproximadamente dez páxinas, centrada en denunciar o que eles consideran os "farois" do grupo de goberno socialista. No folleto repasan as promesas incumpridas até o momento polo PSOE: a edificación de vivendas de protección oficial, a construción dunha piscina, dun pavillón de deportes e dun aparcadoiro subterráneo, entre outros. Pola súa parte, o PSOE respostou ao PP coa edición doutro folleto no que se defenden das acusacións e lanzan, ademais, un novo ataque: as subvencións que recibe por parte da Deputación de Pontevedra a Asoc...

Propaganda electoral: o folleto do PP

Imaxe
Fragmento do folleto propagandístico de 10 páxinas lanzado polo PP da Illa de Arousa con motivo das eleccións autonómicas 2009.

Proganda electoral: o folleto do PP

Imaxe
Con motivo das eleccións autonómicas 2009, a agrupación do Partito Popular da Illa de Arousa lanzou un folleto de propaganda electoral, no que ataca a xestión municipal do grupo socialista.

A temática 2009 das comparsas

Imaxe
Integrantes da comparsa As Rumorosas O desexo de chegar aos 5.000 habitantes , para que o Concello da Illa ascenda de categoría –e polo tanto teña acceso a máis servizos– o conflicto do mexillón e a construción da estrada do Chufre –con todas as súas consecuencias– son os temas de actualidade local máis tratados polas comparsas do Entroido 2009. As letras satíricas deste ano reflicten, ademais, outros asuntos próximos como a creación do punto limpo, as dificultades administrativas para traballar no marisqueo, os apagóns deste inverno ou os roubos nos bares. É de destacar a ausencia de críticas a “Vila PSOE” nas letras populares, a pesares da polémica que levantou, sobre todo na rede. Aquí teñen unha escolma do repertorio das comparsas: - As Rumorosas - Os M.D.A. - Os Carenas - A Comparsita Por certo, sábado desfile de carrozas, e o domingo, exhibición das comparsas. Aínda lles quedará voz?