Publicacións

O auditorio aspira ao premio de arquitectura Mies Van der Rohe

Imaxe
O auditorio proxectado por Manuel Gallego, xunto coa Casa do Concello e o Museo da Conserva O auditorio multiusos da Illa de Arousa, do arquitecto Manuel Gallego, foi nominado aos prestixiosos premios de arquitectura Mies Van der Rohe 2009 , convocados pola fundación do mesmo nome e a Unión Europea. O concurso, dotado cun galardón de 60.000 euros, fallarase no mes de maio e nel compiten 340 obras europeas , incluidas 37 de España. O auditorio arousán e o Centro das Artes da Coruña son as únicas construcións galegas que participan na competición.

A pasarela peonal: argumentos en contra

Imaxe
Camiño de terra no parque de Carreirón Un dos proxectos urbanísticos que se propón levar adiante o concello no vindeiro ano é a construción dunha senda peonal arredor de toda a illa, exceptuando o perímetro do parque natural de Carreirón. A primeira fase da obra xa foi adxudicada por Costas e discorrerá entre a praia do Bao, onde xa hai creado un primeiro treito de pasarela de madeira, e a praia de Salinas. Nun principio, a idea de poder darlle volta á illa nun cómodo paseo pola beira do mar resulta atractiva tanto para os cidadáns locais como para turistas. Pero unha reflexión máis fonda pódenos levar a cuestionar esta iniciativa. ¿É necesario intervir en toda a liña de costa? ¿Ten que haber un paseo marítimo por Gradín, a praia do Peixe e Espiñeiro? ¿Tamén as Ruvas e a punta do Campelo teñen que quedar ao descuberto para os visitantes? A instalación dunha pasarela litoral converte en accesibles para as masas todos os recunchos naturais, os poucos que quedan, aínda virxes e resgardad...

Os blogs dos alumnos de informática

Imaxe
Captura de pantalla do blog de Paula , alumna do instituto da illa Os alumnos e alumnas da asignatura de informática do IES Illa de Arousa están a construír cadanseu blog, como parte da súa aprendizaxe do uso das novas tecnoloxías. Xa verán que inclúen algúns contidos referidos á illa. Un dos últimos exercicios nos que están traballando é no deseño dun negocio viábel para a Arousa, como poden comprobar no blog de Adrián Cores .

Comezamos o Proxecto talasonimia da Arousa

Imaxe
Nos 36 quilómetros de costa da illa existen moitos lugares con denominación de seu. Os nomes das praias, dos cons, dos caladoiros, das masas marítimas, dos cabos e das zonas rochosas tamén forman parte do patrimonio de todos os arousáns. Foron eles os que, ao longo da historia, foron transmitindo eses nomes de xeración en xeración, como pequenos tesouros orientativos, pistas que resumen o saber popular sobre o lugar. Temos talasónimos referidos á fauna (aguiuncho, niño do corvo), a antigos usos (a salga), ao producto que se obtén deles (a praia do peixe), ás características da paisaxe (Areoso...). Inspirándonos na recente publicación do libro Talasonimia da Costa Sur de Galicia , do arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, desde este blog propoñémonos recuperar e clasificar as denominacións que recibe o mar na Illa de Arousa. Partimos dunha listaxe de 55 talasónimos , coa intención de ir ampliando a relación e a información de cada un dos nomes, coa colaboración libre dos internautas. Cad...

Lixo submarino

Imaxe
Un grupo de buzos limpou voluntariamente os fondos de Punta Cabalo Algúns dos obxectos que sacaron do fondo do mar (Imaxes collidas do Club de Mergullo Neptuno) O club de mergullo Neptuno do Salnés , con sede en Cambados, organizou o pasado mes de agosto unha limpeza do fondo mariño de Punta Cabalo , no norte da illa, co obxectivo de preservar o ecosistema submarino e concienciar sobre a necesidade de manter o mar limpo de residuos. A maioría do lixo extraído correspondía a utensilios usados polos mariñeiros, como son nasas, trasmallos, cordas de batea, baldes e neumáticos. No verán anterior, o grupo de buzos realizou a mesma actividade nos fondos do Areoso, de onde sacaron ata unha televisión.

A evolución do Comaira

Imaxe
Estado actual do Comaira Detalle da restauración da "obra morta" Continuamos a seguirlle a pista ao galeón Comaira , que está sendo restaurado por un grupo de mozos arousáns.

Inaugurado o Museo das Conservas

Imaxe
Numerosos veciños acudiron á inauguración o pasado 16 de xaneiro Alción era unha das tres marcas que comercializaba Goday A conselleira de Pesca, Carme Gallego, examina unha lata de conservas O centro de Interpretación das Conservas, o primeiro museo da illa, xa está aberto ao público. A antiga fábrica de Goday , recoñecida como a pioneira das conserveiras galegas, servirá para a realización de actividades de divulgación sobre o mar e a pesca, e de testemuño do pasado industrial da illa. No 1912, había instaladas no territorio insular tres factorías de conserva, catro de escabeche e outras tantas de salazón, que empregaban, directa ou indirectamente, a boa parte da poboación, que se contaba en 1.365 persoas. A gran crise da sardiña dos 40 iniciou o declive da industria conserveira, agudizado logo pola imposibilidade das factorías de adaptarse ás novas esixencias da Administración. A última fábrica en pechar foi a de Salvador Otero, no ano 2002.