Un grupo de buzos limpou voluntariamente os fondos de Punta Cabalo
Algúns dos obxectos que sacaron do fondo do mar
(Imaxes collidas do Club de Mergullo Neptuno)
O club de mergullo Neptuno do Salnés, con sede en Cambados, organizou o pasado mes de agosto unha limpeza do fondo mariño de Punta Cabalo, no norte da illa, co obxectivo de preservar o ecosistema submarino e concienciar sobre a necesidade de manter o mar limpo de residuos. A maioría do lixo extraído correspondía a utensilios usados polos mariñeiros, como son nasas, trasmallos, cordas de batea, baldes e neumáticos. No verán anterior, o grupo de buzos realizou a mesma actividade nos fondos do Areoso, de onde sacaron ata unha televisión.
pareceme moi ben que a xente lle dedique o tempo libre a facer este tipo de cousiñas!!!un 10 pa estos chabales...
ResponderEliminara verdad e que somos uns cochinos!!!
ResponderEliminar