Publicacións

O que dou de si o verán

Imaxe
Festa dos produtos do mar no Chufre Unha vez máis, tivemos festas gastronómicas no Chufre todas as fins de semana de agosto, tentando aos visitantes con mariscadas a prezos populares. A animación turística do porto tamén beneficiou aos bares, que exhibiron terrazas cheas da mañá á noite e algúns recibiron á mesa, discretamente e sen barullos, a destacadas personalidades, desde o medallista olímpico vilagarcián Antón Paz ata o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. O edificio multiusos, fronte á Casa do Concello A mediados de xullo, Louzán inaugurou a nova estrada das Aceñas, financiada pola Deputación . E a finais de agosto, o Concello contou con Touriño para a estrea oficial do edificio “multiusos”, proxectado polo arquitecto Manuel Gallego, ao igual que a Casa do Concello. As obras do museo da conserva continúan. Ao raño, no Areoso Iscando as nasas no pantalán do Chufre Os bateeiros botaron todo o verán facendo concentracións, piquetes e reunións. Os que van á navalla ...

Andoriñas

Imaxe
Na esquina entre o "Provi" e o Benalúa, hai varios niños Unha cría de andoriña nun niño de todos os veráns, situado nunha casa preto da zapatería de Ventura Un niño abandonado, xa en desuso, na "cantina" Tres crías espabiladas, en Entrecortiñas Remata a época de cría e as andoriñas comezan a abandonar os niños. Aínda se ve algún pequeno rezagado á espera de que os pais lle traían comida á gorida segura do niño, pero a maioría das crías xa se aventuran a voar de cable en cable. Este verán, as andoriñas foron fieis aos seus niños de costume nas casas do centro urbano da illa. Están a gusto ampliando a familia no medio dos veciños, e que sexa así por moito tempo.

Continúan as mobilizacións do sector mexilloeiro

Imaxe
Evolución das importacións de mexillón chileno. Fonte: Comadex O sector mexilloeiro galego permanece en folga desde o pasado 3 de agosto debido, fundamentalmente, á caída do prezo do bivalvo nos últimos anos. Na perda de valor do mexillón influiu a masiva entrada no mercado de bivalvo foráneo, chileno na súa maioría, un produto que, en ocasións, se envasa baixo etiqueta “galega” e que non está sometido aos estritos controis que debe superar o mexillón autóctono. Por outra banda, as divisións internas do sector, caracterizado polo minifundismo organizativo, non favoreceu a adopción dunha estratexia única para competir no mercado global, de xeito que a crise se agudizou. Así as cousas, a descarga de mexillón para fábrica permanece paralizada, a pesares da oposición da Federación Arousa Norte e Virxe do Rosario (Vilaxoán), os dous únicos colectivos de bateeiros que se resisten a sumarse á central Pladimega (Plataforma de Distribución de Mexillón de Galicia), aínda en proceso de creación....

Arroaces

Imaxe
Arroaces no carreiro de Carreirón, o pasado domingo Nas augas da Arousa non é difícil avistar bandadas de arroaces saltóns. Estes inquedos mamíferos, que se alimentan de peixes, gozan da simpatía das xentes do mar, e iso que moitas veces furan as redes dos mariñeiros na procura de presas fáciles.

Regata Calmoseira: permitido bogar

Imaxe
A regata Calmoseira celebra o vindeiro sábado en Cambados a súa segunda edición, cunha novidade importante na organización: pódese bogar. Deste xeito, se o mar queda en calma podre, os navegantes poden botar man dos remos. A iniciativa contribuirá a darlle emoción e espectacularidade á regata de dornas a vela. Boa idea!

Os veciños defenden un símbolo do Charco

Imaxe
Os veciños reclámanlle ao tenente alcalde unha nova fonte para o barrio Os operarios municipais comezaron a traballar no lugar da vella fonte Un grupo de veciños do Charco tentou disuadir ao tenente alcalde da intención de colocar unha escultura no lugar que sempre ocupou a fonte, un símbolo do barrio e unha das poucas fontes públicas que existen no concello. A fonte do Charco é o último rastro dun antigo pozo con pilón, do que aínda se lembran os veciños de oitenta anos. A auga manaba da pedra dun manantial natural, que tiña fama pola súa calidade e a súa abundancia, aínda en épocas de seca. Nas posteriores reformas do barrio, desapareceu o lavadoiro e o pozo foi convertido nunha fonte sen ningún interese arquitectónico, pero que continuaba cumprindo a súa función. Cando a “auga da traída” chegou á Illa, substituíuse o abastecemento do pozo pola auga canalizada. Finalmente, a modesta fonte do Charco quedou derruída hai uns meses por causa dun accidente de tráfico. Esta mañá, co inici...

O Céltiga non confía na canteira

Imaxe
O Salvador Otero, o campo do Céltiga Os rapaciños da Arousa comezan desde moi novos a xogar ao fútbol no Céltiga . De feito, as dúas categorías inferiores, benxamín e alevín, son as que máis demanda teñen, con dous equipos cada unha. O club pón como condición o pagamento anual do carné de socio e, ademais, os pais teñen que custear a equipaxe deportiva e trasladar os rapaces nos coches particulares os días de partido, ou se non, pagar entre todos un autobús. A implicación das familias chega ata o punto de participaren na organización das festas gastronómicas para recadar cartos para o Céltiga. Pero unha vez que os rapaces superan a categoría xuvenil, poucos son os que conseguen chegar ao equipo titular, así que quedan sen equipo e sen instalacións nas que practicar a súa afección. O equipo principal do Céltiga, en terceira división desde a pasada tempada, mantén unicamente catro xogadores “carcamáns”, nunha formación de vinte persoas. E as sete novas fichaxes anunciadas para a vindeir...