Publicacións

Entroido intercomarcal

Os Güeros do Grove, cantando na taberna de Fina Viñas Toca facer balance dun Entroido no que se cumpriron todos os rituais propios destas festas. A cea do Xoves de Comadres , tradición recentemente recuperada, e pasada por conveniencia ao venres, reuniu na súa segunda edición a unhas dúascentas mulleres no Tamanaco; por pouco non deixan marchar á orquestra e xa pensan en repetir. Este ano saíron cinco comparsas da Arousa, A Comparsita, Os Carenas, Harmonía, M.D.A e as As Rumorosas. Harmonía, a máis vella delas, celebrou o seu 20 aniversario cunha homenaxe no seu repertorio a Pepe Barral, finado hai pouco, e autor de moitas das letras míticas do Entroido carcamán. Tamén houbo representación “continental” do Grove e de Vilaxoán, como mostra o vídeo da comparsa meca Güeros. Ademais, como vén sendo habitual, o luns de Entroido , o día grande local, convocou a centos de persoas das vilas veciñas, que mesmo organizaron expedicións á illa en autobús. Non faltaron a queima do liborio , cara...

O Jujel

Imaxe
Xa anda circulando polos enderezos electrónicos a nova da aparición do "Jujel", a versión do coñecidísimo buscador, que utiliza a gheada como bandeira e axusta os resultados das búsquedas ás páxinas galegas. Na súa presentación defínese como un experimento que non quere ofender nin burlar, senón facer un servizo e chamar á atención dunha forma simpática sobre o fenómeno da gheada. Este trazo dialectal é dominante na illa, igual que o seseo, o cheismo e outras peculiaridades lingüísticas da fala das Rías Baixas, ás que se lles suman as propias insulares, sobre todo, no léxico. O uso do "j", aínda non sendo autorizado pola normativa, está presente nas comunicacións diarias informais da xente nova, nos SMS, nos correos electrónicos, nas letriñas de Carnaval... Os lingüistas van botar as mans á cabeza ;-)

O blog dos gardacostas

Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia tamén teñen un punto de encontro na rede, no que falan dos asuntos que lles preocupan e das novidades no gremio. É interesante ver o que pensan, agora que a Consellería de Pesca anunciou un incremento da vixilancia pesqueira e marisqueira na ría para combater o furtivismo e outro tipo de infraccións. O corpo de gardacostas estase a reforzar con máis medios (vehículos todoterreo e unha nova lancha) e pronto se convocarán prazas para cubrir persoal. Atención aos que largan as nasas fóra do horario permitido.

As letras das Rumorosas: Non somos continente, avisádelle ben á xente

Había unha vez unha illa No medio dunha jran ría Que xente máis peculiar .... BIS Nós somos-los carcamáns... BIS E VENTE Á ILLA.. A DISFRUTAR, CO CARNAVAL PODEDES FLIPAR AQUÍ AS FESTAS, PODEN DURAR DESDE O PATRÓN HASTA A NAVIDAD Pa qué calendario oficial Nós temos un insular Colocámo-los festivos - BIS Todos xuntiños no vran – BIS AÍNDA QUE CHOVA A ESMADRASAR A PANORAMA NO PODE PARAR E O REJEIRO A REBOSAR TOTAL MAÑAN É O DÍA DO CAN.. Que vistas nas nosas praias Tiradas nós na toalla Porque as rapasas da Arousa - BIS Somos todas ben xeitosas – BIS QUE PARAÍSO MÁIS NATURAL QUE HASTA ÓS CONS TEMOS QUE BAUTIZAR MIRA O SANTO E CARREIRÓN SON ESCENARIOS DE PELICULÓN. As diresións prohibidas Sólo son orientativas Aparca diante da casa –BIS Xa pitarán sin non pasan – BIS….. AHÍ O VEN O MUNICIPAL SEMPRE ME ENJANCHA CÓ MÓVIL NA MAN ¿QUÉ É O QUE FIXEN? ¿QUE FIXEN MAL? SOLO IBA A 80 POLA GENERAL. Pa qué a sircunvalasión Si temos 1000 callejóns Po...

As letras das Rumorosas: Despejando!

(Música: "Ese toro enamorado de la luna") Aquí estamos outra ves as rumorosas Xa voltamos  outro ano pa contar Líos, cornos e aljún que ourto divorsio Abrochade o cinturón pa despejar.... Que non se nos mova nadie do seu sitio, Que aquí todos temos moito que rascar Preparade unhas boas mascarillas Que esto pronto vai a empesar a cheirar... Agora que está moi de moda o toro bravo E nos entra en gran hermano un transexual Donde andan eses homes pelo en pecho Nós queremos un bo macho semental. (Música: "Volare...") Mirade... que pasou! A monarquía, se modernisou Elena, ó home deixou E xa bastante ajuantou E chupando do bote o medio maricón Nos sobacos leva o pantalón Que carallo lle veu, ou que droja tomou Non lle vemos outra explicasión...!! O Juancar... que collóns!!! Con Chaves se nos picou Menudo follón se montou Zapatero, flipado quedou E agora aínda esixe desculpas por parte do jefe da nosa nasión E amenasa có sierre de empresas, ...

M.D.A. versus As Rumorosas

A formación M.D.A., composta por homes, e As Rumorosas, formada exclusivamente por mulleres, constitúen a nova fornada de comparsas carcamanas, cunha media de idade que non chega aos trinta. Dáse a particularidade de que algúns mozos da primeira teñen a súa parella na segunda, e que ambas as dúas comparsas rivalizan amistosamente e que se autorreferencian nas súas letras. Os M.D.A., disfrazados de mulleres en traxe de aeróbic, tráennos este ano as letriñas máis frescas de todo o Entroido carcamán, na mellor das tradicións críticas e retranqueiras, cravando ben o aguillón onde toca (Noraboa!). Recomendámoslles que lean as historias que compuxeron e, en especial, o emocionante (para algunhas xeracións) exercicio de nostalxia da letra titulada “Brindo”. As Rumorosas, de azafatas con minifalada, poñen a nota “sexy” do Carnaval e tamén teñen moito que dicir. Letras M.D.A. Brindo pola nostalxia King Peter Arousa is not Spain Letras As Rumorosas Despejando! Non somos continente, avisádelle be...

As letras dos MDA: Arousa is not Spain

Sí somos nós, os dos juevos cheos de amor, Xa estamos aquí, có Carnaval. Vamos poñer, a todos a feder, Moito no estilo dos M.D.A. Hubo eleccións, e cacho decepción, O champán reseso pá oposición. Ganou o soe, así calquera, non te jode, Entre dvd´s e beiras do mar…. Beira do mar, beira do mar Onde están?.... A nosa Arousiña non está mal…. Pero queda moito que rascar…. Hubo follóns, no axuntamento, Xente enserrada e moita tensión….. Pero ben que saliron pa votar…. Que a carretera na foron cortar. E o muelle qué? Cando se vai faser? Esto de momento non pinta ben, E a nova estrada, quen é o que a ten parada? Moi pouca verjonsa ten que ter…. Fai moita falta, fai moita falta, Veña xa….. uoh! A nosa Arousiña non está mal…. Pero sin eso no pode medrar….. O patrón maior, que é arqueólogo, Atopou tres huesos en riasón, E o mexillón ahora rejálano, Catro fantasmas jodérono todo. O trillo foi, alá á televisión, Deixou ben alto o listón. E menos mal, que xa no...