Publicacións

Unha partida de cartas

A partida de cartas á tarde é unha cita inexcusable para moitos xubilados. Cada un ten o seu bar, a súa hora e os seus compañeiros de sempre, unha rutina que levanta paixóns.

Case 5.000

Imaxe
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística , correspondentes ao ano 2007, a Illa conta con 4.889 habitantes empadroados, a cifra máis alta dos últimos cinco anos. A poboación achégase á cobizada liña dos 5.000, que permitiría, unha vez superada, que o Concello ascendera de categoría administrativa, o que implicaría máis ingresos do Estado. Con todo, a evolución do padrón de habitantes na última década, non fai pensar que o crecemento estea garantido. O pico de poboación máis alto rexistrouse no 2001, con 4.953 habitantes, e a partir de aquí, comezou un lento descenso, con anos de pequenas recuperacións. Do 2006 ao 2007, a Illa gañou uns 40 persoas, pero tamén perdeu outras 40 no tramo anterior, do 2005 ao 2006.

Venres culturais

Imaxe
O concerto do grupo Andrés Rivas Trío abre o 18 de xaneiro (salón de actos do concello, 23 horas) o ciclo “Classic Jazz Swing”, que terá continuidade nos vindeiros meses con máis actuacións de jazz. Esta serie de concertos está enmarcada na programación municipal “invernos culturais”, que propón espectáculos de concatocontos, música e maxia para as noites dos venres. O próximo 25 de xaneiro vén o Mago Teto. A entrada é gratuíta. Un dos magos que participan nos "Invernos Culturais" Outros espectáculos previstos: 1 de febreiro: Alberto Cunha, espectáculo de música e humor 22 de febreiro: o contacontos Cándido Pazó 7 de marzo: o mago Rafa 14 de marzo: o contacontos Oswaldo 4 de abril: espectáculo de variedades “Mesturas” 11 de abril: Concerto de Creole Kinds

Quedamos sen fonte

Imaxe
Así leva desde hai uns meses o sitio da fonte do Charco, desde que unha noite un coche se empotrou contra ela e houbo que retirar os cachos. A antiga construción xa non é recuperable, pero agardamos que para o seu lugar veña outra, é patrimonio público e auga na rúa a disposición de quen a precise.

Peixe fresco

Imaxe
Un par de corbelos limpos, listos para botar á tarteira Fanecas Unha maragota xeitosa Corbelos, fanecas e maragotas son algunhas das especies de peixe que podemos atopar todo o ano na praza (ou na porta da casa, se pasa a peixeira). Captúranse coas betas, os tramallos ou á liña. Denomínanse corbelos aos badexos pequenos, e o prezo do quilo anda polos dez euros. A maragota é algo máis barata ca os anteriores –custa un seis euros- ten máis espiñas, as escamas tamén son máis duras e, porén, a comida é máis branda. As fanecas andan polos cinco euros.

Tardes de inverno

Imaxe
Logo dun outono seco e dun comezo de inverno de tardiñas de sol, xa chegaron a tronada, o frío e as chuvias. Esta mañá mesmo asomou a saraiba. Aos previsores, que xa tiñan o estramio apañado, non lles colleu de sorpresa, por sorte para algunhas galiñas. Á quenturiña do sol, hai uns días De volta do piñeiral da Area da Secada Unhas que precisan estramio

Aínda queda o patrón

Imaxe
A iluminación de Nadal deste ano, no Campo Á parte da exaltación relixiosa, e de andar de bares da mañán á noite nada máis rematar as farturentas festas do Nadal, ¿podería, a celebración de San Xulián, converterse en algo máis? Ábrese o concurso de ideas.