Publicacións

Nasas ao mar

Imaxe
Na illa hai unha importante comunidade de naseiros dedicada á captura da nécora, do polbo e do camarón, segundo o ciclo do ano. Onte luns abriu a veda anual da nécora, que se estende dos meses de xaneiro a xullo, e tamén a do polbo, aínda que este último escasea. A cada mariñeiro correspóndelle aproximadamente 75 nasas, que largan á noite e recollen pola mañá cedo. Logo toca ir vender á lonxa. Nasas no peirao do campo, durante o inverno Unha boa caldeirada

Concerto de guitarra na igrexa

Imaxe
Non é moi habitual que as portas da Igrexa de San Xulián abran para outros usos que non sexan os relixiosos, pero isto quizais poida cambiar a partir do 14 de xullo. Neste día, o templo, o único que existe na Arousa, acolle ás nove e media da noite un concerto do guitarrista José Manuel Dapena (na imaxe), no marco do festival de música antiga e barroca Via Stellae .

Dúas regatas marcadas polo vento

Imaxe
As dúas últimas regatas de dornas a vela, a de Area Seba, no Grove, e a Volta á Illa, na Arousa, estiveron marcadas polo forte vento, que ocasionou todo tipo de incidentes. Na primeira tronzaron paus e houbo dornas que abandonaron tras colleren auga, o mesmo que na segunda, na que, ademais, os mariñeiros tiveron que lidar coa chuvia. Ambas as dúas rexistraron unha alta participación cunha trintena de embarcacións. A seguinte cita do Trofeo Galicia de Dornas a vela é a Regata dos faros, organizada pola A.D. Meca, o 14 de xullo. Momento do cambio de vela ao aproximarse á boia, na regata Area Seba A entrega de premios, na lonxa do Grove

O Trillo afronta a 3ª ronda de baile na TV

Imaxe
Despois de gañar o favor do público no primeiro programa e o favor do xurado no segundo, o Trillo e a súa parella de baile volven o luns 18 de xuño a demostrar as súas habilidades sobre a pista no espazo televisivo “Mira quien baila”(TVE1, 22.00 horas). O bailarín da Illa, que compite neste concurso coa ilusión de resultar seleccionado para participar no Eurovision Dance Contest, mereceu a atención hai unhas semanas de Floreano, a personaxe creada polo ilustrador Gogue.

O "masanseiro-protesta"

Imaxe
A falta de acordo entre o propietario do terreo e o Concello deixou a medio pavimentar esta “isleta”, no fervor das obras da campaña electoral. Disque o veciño que posúe ese cacho de terreo non está conforme coas condicións económicas que lle propoñen, así que decidiu plantar no que é seu un mazanceiro, que sempre é máis productivo que unha palmeira.

III Trofeo Fasquía

Imaxe
O III Trofeo Fasquía abre o 9 de xuño a edición 2007 do Trofeo Galicia de Dorna a Vela. Unhas 40 embarcacións da Illa, Cangas, O Grove, Portonovo, Cambados, Vilanova e Ribeira terán que navegar oito millas con saída e chegada no porto arousán do Xufre, completando dúas voltas ao triángulo que amosa a imaxe. Esta regata está organizada pola asociación cultural e deportiva Fasquía. Poden consultar aquí as demais regatas do calendario.

A illa dos cons

Imaxe
O Con de Tres Pes, en perfecto equilibrio Cons e penas teñen nome propio na illa. A situación das pedras debeu ser noutro tempo un importante referente xeográfico para orientarse e sinalar lugares, de xeito que a nosa microtoponimia recolle moitas mostras destes nomes, aínda que nalgúns casos xa non exista o con que deu lugar á denominación. Estes son algúns dos nomes que fan referencia ás pedras: Con de Navío Con de Tres Pés Con do Forno Con do Sol Con do Moucho Con Retellado As Laxes Laxe do Pan As Penas Pedracerrada Pedrouzos