Publicacións

O Trillo afronta a 3ª ronda de baile na TV

Imaxe
Despois de gañar o favor do público no primeiro programa e o favor do xurado no segundo, o Trillo e a súa parella de baile volven o luns 18 de xuño a demostrar as súas habilidades sobre a pista no espazo televisivo “Mira quien baila”(TVE1, 22.00 horas). O bailarín da Illa, que compite neste concurso coa ilusión de resultar seleccionado para participar no Eurovision Dance Contest, mereceu a atención hai unhas semanas de Floreano, a personaxe creada polo ilustrador Gogue.

O "masanseiro-protesta"

Imaxe
A falta de acordo entre o propietario do terreo e o Concello deixou a medio pavimentar esta “isleta”, no fervor das obras da campaña electoral. Disque o veciño que posúe ese cacho de terreo non está conforme coas condicións económicas que lle propoñen, así que decidiu plantar no que é seu un mazanceiro, que sempre é máis productivo que unha palmeira.

III Trofeo Fasquía

Imaxe
O III Trofeo Fasquía abre o 9 de xuño a edición 2007 do Trofeo Galicia de Dorna a Vela. Unhas 40 embarcacións da Illa, Cangas, O Grove, Portonovo, Cambados, Vilanova e Ribeira terán que navegar oito millas con saída e chegada no porto arousán do Xufre, completando dúas voltas ao triángulo que amosa a imaxe. Esta regata está organizada pola asociación cultural e deportiva Fasquía. Poden consultar aquí as demais regatas do calendario.

A illa dos cons

Imaxe
O Con de Tres Pes, en perfecto equilibrio Cons e penas teñen nome propio na illa. A situación das pedras debeu ser noutro tempo un importante referente xeográfico para orientarse e sinalar lugares, de xeito que a nosa microtoponimia recolle moitas mostras destes nomes, aínda que nalgúns casos xa non exista o con que deu lugar á denominación. Estes son algúns dos nomes que fan referencia ás pedras: Con de Navío Con de Tres Pés Con do Forno Con do Sol Con do Moucho Con Retellado As Laxes Laxe do Pan As Penas Pedracerrada Pedrouzos
Imaxe
As imaxes do camiño que vai á Praia do Peixe non precisan comentarios

A desfeita -oficial- de Gradín

Imaxe
Os veciños da Illa de Arousa lideran nos últimos anos as estatísticas de reciclaxe en Galicia. A maioría dos fogares teñen interiorizado o hábito de separar o plástico e o vidro do lixo. Ademais, o Concello foi pioneiro no ano 1999 ao introducir a compostaxe –no marco do programa Life da UE– para tratar os residuos orgánicos domésticos e convertelos en abono. Con estes precedentes, non se entende o que está pasando na zona de Gradín. ¿Como é posible que os residuos urbanos do Concello se guinden e se queimen nunha praia?. A liña de costa comprendida entre Gradín e a Praia do Peixe está a sufrir unha desfeita ambiental irreparable, e para canto máis, con impunidade: vertidos das depuradoras próximas, movementos de terra, vertedoiros de lixo incontrolados e “controlados”... e por se fora pouco, está proxectada na zona a construción dun parque industrial, de dubidosa contribución económica ao desenvolvemento da vila. ¿Que mellor investimento para o futuro que a conservación da paisaxe? E...

Análise: Os resultados electorais (II)

Imaxe
O PSOE recunca na alcaldía A candidatura do PSdG-PSOE, encabezada polo actual alcalde, José Manuel Vázquez, acadou a maioría absoluta ao conseguir 6 dos once concelleiros. Os socialistas controlarán a alcaldía por terceira lexislatura consecutiva e logran mellorar os resultados das eleccións municipais de 1999 e de 2003, nas que obtiveron 5 concelleiros, aínda que en número de votos o incremento é so de 87 papeletas. O descontento veciñal pola política urbanística non desgastou o partido tradicionalmente máis votado. O PP sobe en votos, pero non en concelleiros O Partido Popular da Illa revalida os catro concelleiros que xa acadara nas municipais anteriores. Aínda que é a forza que máis sobe, ao lograr 180 votos máis que nos comicios de 2003, este incremento non foi de abondo para lograr ese quinto concelleiro que lle roubaría a maioría absoluta aos socialistas. O PP desenvolveu unha intensa campaña electoral na que se implicou directamente o presidente da Deputación de Pontevedra, Lou...