Casa recuberta de cunchas de vieira, na Torre A maraña de cables afea a fachada O recubrimento de cunchas é unha técnica de arquitectura popular mariñeira que utiliza as valvas planas da vieira para protexer as paredes exteriores da humidade, normalmente, as fachadas que miran cara o Sur. Na Arousa quedan poucas casas que presenten esta peculiar técnica. Unha delas é esta que lles mostramos nas imaxes, situada no barrio da Torre. As vieiras están dipostas unhas sobre as outras, a modo de lousas, nos dous tercios superiores da fachada. Outra casa , máis coñecida, é a de Palmeira; neste caso está rexistrada como parte do patrimonio artístico da Illa, pero non polas cunchas de vieira, senón polas fermosas fiestras de inspiración modernista que posúe. Aínda hai unha terceira casa que presenta unha das fachadas recubertas de vieiras. Tamén está en Palmeira, e deixou de ser visible trala construción do auditorio.