Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

De cando Fontán atravesou o Vao

Imaxe
[Helena Domínguez] Cada vez que observo o mapa da ría de Arousa de Fontán (1845) non podo evitar viaxar a finais do século XIX e imaxinar o ilustre cartógrafo atravesando a cabalo os case dous quilómetros que separan a Illa de Arousa da veciña praia do Terrón, xa en terras de Vilanova. Non é máis ca unha fantasía, pois non existen evidencias do medio de transporte escollido por Fontán no seu traballo de campo por estas terras. O máis probable é que arribase á ínsula arousá en barco, se é que chegou a desembarcar nela algunha vez. Domingo Fontán, nado en Portas, investiu 17 anos da súa vida, entre 1817 e 1834, en confeccionar o que sería o primeiro mapa de Galicia deseñado con métodos científicos, denominado Carta Geométrica de Galicia ("domingo fontán", 2023). A fazaña non só requiriu botar man dos últimos adiantos tecnolóxicos, senón tambén percorrer Galicia de norte a sur para facer as oportunas mediçóns. Polo tempo que Fontán acudiu á Arousa, aínda se podía atravesa...

As partes da dorna

Imaxe
Con este vídeo sobre a dorna, a rapazada da Illa de Arousa gañou o terceiro premio dos Premios 'Dígocho Eu' dirixidos aos centros de ensino. A montaxe pón en valor a riqueza cultural que rodea a esta embarcación tradicional de orixe normanda. Só no campo do léxico, podemos falar de máis dun cento de nomes para designar as distintas partes da dorna (escora, cadeira, banco de popa, drisa, cofiño...). Se non fose importante, non teríamos inventado tantos nomes para identificar ata a máis pequena peza da madeira!