Dicionario de ausencias
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
Eu tampouco entendin nunca porque os vinagrillos eses lles chamaban chuchamel.agora si, a flor e moi bonita e sempre me gustou mais facerlle fotos que chuchalos. bikiños!
ResponderEliminara o mellor era ironia. mitica retranca galega
ResponderEliminarMisterio !.
ResponderEliminarO que nós chamamos chuchamel, non é un chuchamel. Segundo os dicionários, chuchamel é Lonicera periclymenun, en castelán madreselva, que si é doce. Tamén se lle chama así a unha planta de follas dentadas parecidas ás das ortigas (estrugas) e flores de cor púrpura, Lamium maculatum, estas non as probei.
ResponderEliminarCreo que ao que nos lle chamamos chuchamel é, como dicía Esther, ao vinagrillo, que me parece que lle chaman así polo levante. Paréceme que a espécie sería Oxalis pres-caprae.
Cun pouco de imaxinación, as flores son parecidas. Necesitamos a axuda de Juan.
Pois si non é un chuchamel¿como lle chamaremos agora? ¿floriña amarela?
ResponderEliminarUn chuchamel é un chuchamel é un chuchamel.
Eu creo que na Arousa hai polo menos dúas cousas ao que a xente chamamos chuchamel, un é a flor do trébol (Oxalis é 'trébol' en grego) e outro é umha flor similar, amarela, que agora non sei o nome científico (vou procurar).
ResponderEliminarQué máis da neste caso o que diga o diccionario?
ResponderEliminarEu nunca oín a ninguén chamarlle "chuchamel" á madreselva.
E o chuchamel e chuchamel para todo o mundo...menos para o diccionaria, claro.
Que sorte tes que coñeces a todo o mundo...
ResponderEliminar