A min unha das cousas que máis me escarallan deste pueblo é o puñetero vicio que teñen algúns conductores, maiormente xóvenes, de iren con coche e pararse con calquera a falar sin teren en conta os que veñen detrás e, si lles pitas, aínda lles parece mal e insúltante en ocasións.
O outro dia un home xa de cerca dos corenta anos parou enfrente a do pastelero a comprar tabaco, facendo a conseguinte cola, e non contento embarcou no coche e no paso de peons que hai a continuacion puxose a falar cun amigo. Eso e morro, e solo pasa neste pobo.
As palabras "ratán" e "larada" teñoas escoitado na Arousa con significados diferentes aos que veñen recollidos no diccionario. Larada para referirse á borrachera e ratán para o viño peleón. Ao mellor sería ben engadilas.
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
O equipo do Partido Popular para as eleccións municipais do 2011 [Redacción] O Partido Popular confeccionou para as vindeiras eleccións municipais unha candidatura que presenta cambios nos postos de saída, con respecto á listaxe do 2007 . Así, o cabeza de lista, Juan José González, repite acompañado por dúas novas caras nos números dous e tres, Paula Suárez e Miguel Paz. A candidatura complétase con outras dúas incorporacións, Valentín Oubiña e Joaquín Fernández, ademais do resto do equipo habitual do Partido Popular, que conta nesta lexislatura que remata con catro concelleiros na corporación (Juan José González, Zoila Paz, Ramón Ferro e Diana Ríos). Candidatura do PP á alcaldía da Illa de Arousa 1 Juan José González Vázquez 2 Paula Suárez González 3. Miguel Paz Cores 4. Zoila Paz Dacosta 5. Valentín Oubiña Mariño 6. Juana María Suárez Paz 7. Carlos Alberto Pouso Otero 8. Diana Ríos Dios 9. Joaquín Fernández Hermo 10. Ramón Ferro Dios 11. Ana Rial Nieto 12. Daniel Pous...
[Redacción. 07/07/09 ] Este espazo, aberto á participación de todos os interesados, pretende recompilar e inventariar os alcumes de tradición familiar que se usan na Arousa. Quedan descartados, polo tanto, os sobrenomes particulares de persoas, moi abundantes na Arousa, por certo, que non se transmiten en herdanza. De ser posible, indicarase a orixe do alcume. Poden deixar as súas propostas a través dos comentarios.
A min unha das cousas que máis me escarallan deste pueblo é o puñetero vicio que teñen algúns conductores, maiormente xóvenes, de iren con coche e pararse con calquera a falar sin teren en conta os que veñen detrás e, si lles pitas, aínda lles parece mal e insúltante en ocasións.
ResponderEliminarO outro dia un home xa de cerca dos corenta anos parou enfrente a do pastelero a comprar tabaco, facendo a conseguinte cola, e non contento embarcou no coche e no paso de peons que hai a continuacion puxose a falar cun amigo. Eso e morro, e solo pasa neste pobo.
ResponderEliminarAs palabras "ratán" e "larada" teñoas escoitado na Arousa con significados diferentes aos que veñen recollidos no diccionario. Larada para referirse á borrachera e ratán para o viño peleón. Ao mellor sería ben engadilas.
ResponderEliminartomo nota das palabras. Nuns días actualizarei o dicionario ;-)
ResponderEliminar