Os veciños do Charco están decididos a chamar á atención das autoridades para recuperar a fonte. A última acción, a colocación dun ramo de flores en recordo do patrimonio perdido.
o que deberian e facer unha rotonda, porque o lugar e perigoso xa que os que veñen da guarderia non teñen visibilidade , e enriba da rotonda poñer unha fonte , unha billa, ou algo para recordar a fonte do charco, todos contentos e o sitio mais seguro........
PD: o das flores pareceme de mal gusto, porque a este paso solo falta poñerlle veliñas a fonte....
E por qué é de mal gusto o das flores?? Penso que non estás captando a ironía dos veciños nin a intención de querer chamar a atención das autoridades locais, que ó final é do que se trata pa que fagan caso, e aínda así..... a ver canto tempo máis vota a fonte tal como está..... E en canto ás velas, tamén me parece unha boa idea, e seguro que se lle ocurrirá pronto a algún veciño do charco!!
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Redacción. 07/07/09 ] Este espazo, aberto á participación de todos os interesados, pretende recompilar e inventariar os alcumes de tradición familiar que se usan na Arousa. Quedan descartados, polo tanto, os sobrenomes particulares de persoas, moi abundantes na Arousa, por certo, que non se transmiten en herdanza. De ser posible, indicarase a orixe do alcume. Poden deixar as súas propostas a través dos comentarios.
[Manuel Suárez Nieto] Cantas veces os militantes do PSOE, PP, BNG e calquera que estivese nunha organización política ou doutro tipo tivemos que defender cousas coas que non estabamos totalmente de acordo? Ou é que acabamos de caer dun carballo agora mesmo? O Bloque, en clave de país, entende a día de hoxe que a alternativa ao PP pasa polo necesario entendemento entre PSOE e BNG, se non, non hai alternativa. Ningunha das forzas ten a masa crítica suficiente para ser alternativa en solitario. Polo tanto, traballar nese camiño é o normal, e ademais é o que se leva facendo durante bastantes anos.
o que deberian e facer unha rotonda, porque o lugar e perigoso xa que os que veñen da guarderia non teñen visibilidade , e enriba da rotonda poñer unha fonte , unha billa, ou algo para recordar a fonte do charco, todos contentos e o sitio mais seguro........
ResponderEliminarPD: o das flores pareceme de mal gusto, porque a este paso solo falta poñerlle veliñas a fonte....
¡Que boa idea poñerlle unhas velas!!!
ResponderEliminarE por qué é de mal gusto o das flores?? Penso que non estás captando a ironía dos veciños nin a intención de querer chamar a atención das autoridades locais, que ó final é do que se trata pa que fagan caso, e aínda así..... a ver canto tempo máis vota a fonte tal como está.....
ResponderEliminarE en canto ás velas, tamén me parece unha boa idea, e seguro que se lle ocurrirá pronto a algún veciño do charco!!