Teño identificadas 52 especies de setas na Arousa. Supoño que haberá algunhas máis. Fai tempo que non actualizo a lista porque durante os último anos non me dediquei a buscalas. http://www.freewebtown.com/ambiental/setas.htm
Por certo, a segunda non é unha Macrolepiota senón un coprinus: Coprinus comatus. A confusión non ofrece perigo porque tamén é comestible. Coidado co outro coprinus da Arousa, o C. atratomentarius, é mais pequeno pero se despois de comelo se bebe algunha bebida alcohólica a pel vólvese bermella por unha temporada.
haberá que facer caso de quen sabe máis...non cabe duda! pero eu xuraría que a segunda é unha macrolepiota aínda sin abrir, o que sí é certo é que se parece moito a esta outra que nomea Juan...
[Redacción. 11/05/09 ] Algunhas das palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, abrimos este espazo de intercambio de coñecemento. A intención é ir ampliando e completando a listaxe, coa colaboración de todos os internautas interesados no mundo do léxico carcamán. Poden deixar as súas achegas, críticas e ideas a través dos comentarios.
[Redacción. 07/07/09 ] Este espazo, aberto á participación de todos os interesados, pretende recompilar e inventariar os alcumes de tradición familiar que se usan na Arousa. Quedan descartados, polo tanto, os sobrenomes particulares de persoas, moi abundantes na Arousa, por certo, que non se transmiten en herdanza. De ser posible, indicarase a orixe do alcume. Poden deixar as súas propostas a través dos comentarios.
[Manuel Suárez Nieto] Cantas veces os militantes do PSOE, PP, BNG e calquera que estivese nunha organización política ou doutro tipo tivemos que defender cousas coas que non estabamos totalmente de acordo? Ou é que acabamos de caer dun carballo agora mesmo? O Bloque, en clave de país, entende a día de hoxe que a alternativa ao PP pasa polo necesario entendemento entre PSOE e BNG, se non, non hai alternativa. Ningunha das forzas ten a masa crítica suficiente para ser alternativa en solitario. Polo tanto, traballar nese camiño é o normal, e ademais é o que se leva facendo durante bastantes anos.
Teño identificadas 52 especies de setas na Arousa. Supoño que haberá algunhas máis. Fai tempo que non actualizo a lista porque durante os último anos non me dediquei a buscalas.
ResponderEliminarhttp://www.freewebtown.com/ambiental/setas.htm
Por certo, a segunda non é unha Macrolepiota senón un coprinus: Coprinus comatus. A confusión non ofrece perigo porque tamén é comestible.
ResponderEliminarCoidado co outro coprinus da Arousa, o C. atratomentarius, é mais pequeno pero se despois de comelo se bebe algunha bebida alcohólica a pel vólvese bermella por unha temporada.
haberá que facer caso de quen sabe máis...non cabe duda! pero eu xuraría que a segunda é unha macrolepiota aínda sin abrir, o que sí é certo é que se parece moito a esta outra que nomea Juan...
ResponderEliminar