[Redacción] O BNG da Illa de Arousa, a través do seu alcaldable Carlos Otero, vén de comunicar nunha rolda de prensa celebrada esta mañá en Vilagarcía de Arousa que apoiará a investidura do candidato socialista Manuel Vázquez, "para evitar un goberno do PP no noso Concello". "Estamos convencidos de que a decisión adoptada é a mellor para o traballo diario do BNG e, por suposto, a mellor para a Illa", sinalou Otero, que estivo acompañado no acto de Xoan Allegue, responsable comarcal do BNG. Carlos Otero tamén aproveitou para agradecerlles aos arousáns "o enorme apoio recibido" e reiterou o seu "compromiso de traballar todos os días para devolverlles aos veciños esa confianza en conseguir servizos que redunden na mellora da súa calidade de vida". A partir de agora, ábrese un período de negociacións entre o grupo socialista e a formación nacionalista arousá, xa que, segundo explicou Otero, a decisión foi tomada pola asemblea local do Bloque, sen ...
Estiven botándolle unha ollada ás fotos, parece mentira como cambiou a illa...pero polo menos sigue conservando o encanto na suas xentes, nós somos, fumos e seremos sempre especiales.
ResponderEliminarSomos da Arousa!!!Vivamos coma Arousáns!!
Feliz navidad a todolos usuarios deste blog, a discusion e o intercambio de opinions respectando os demais son boas, para ver os distintos puntos de vista da xente e aprender a relacionarnos mellor. Un saudo a todos e espero que sigamos intercanbiando opinions durante moitos anos. Un saudo.
ResponderEliminarque bonito.... aqueles barcos que oxe xa non están... o Miss Cometa, o mar tirreno, o río té,o Chiquita e tantos e tantos barcos do racú que deron de comer á Arousa e que quedaron no recuerdo.Nunca mais volveremos a velos, pero os seus nombres, foron, son , e serán sempre recordados na Arousa hasta o final dos días. graciñas a todos...
ResponderEliminarEu tamén quero desexar un bom nadal a todos os amigos do blog.
ResponderEliminarEstimados amig@s da Illa:
ResponderEliminarDesexo que teñades todos unha boa noitevella e que o ano novo esté cheo de saude, sorte e prosperidade. Que o pasedes ben e que disfrutedes da festa rachada.
FELIZ 2009
Ramón Paz
Alhama de Murcia