dornas a vela de Galicia
A regata de dornas a vela máis veterana do calendario, a Volta a Illa, volveu demostrar o seu poder de convocatoria reunindo o pasado sábado a medio cento de embarcacións. Nesta vixésimo cuarta edición, as dornas tomaron a saída con pouco vento, e despois dunha encalmada xeral pola zona do Campelo e o Faro, a navegación axilizouse ao pasar Carreirón. Os cinco primeiros postos estiveron moi disputados ata o final, o que contribuíu a darlle emoción á competición. Finalmente, venceu a Cariñosa. Poden ler unha crónica de primeira man no blog de Fasquía.
Por certo, durante a regata tamén se promocionou cun stand a participación de Galicia na festa marítima internacional de Brest.
Por certo, durante a regata tamén se promocionou cun stand a participación de Galicia na festa marítima internacional de Brest.
ALGUN DIA PODERIAS ESCRIBIR A HISTORIA DE ESTA REGATA, EU SEI QUENES FORON OS PIONEIROS,É CURIOSA.
ResponderEliminar