O reloxo da igrexa
Na illa hai tres reloxos públicos, de distintas épocas, e diferentes entre si. O máis orixinal é o reloxo de sol gravado nun con a carón do faro. O desgaste da pedra non conseguiu borrar as liñas, pero precisa unha restauración. Os outros dous aparellos de medir o tempo son o da igrexa que, segundo fontes orais, “debe de ser de canda a chegada do cura Don Olimpio”, é dicir, dos anos 50; e o da caixa de aforros, que debe ter tantos anos como o edificio no que está, construído entre finais dos setenta e principios dos 80.
O reloxo da caixa de aforros pasa desapercibido desde terra -a mellor vista tena desde o mar– pero non así a súa melodía, que fai sonar a cada hora, coas súas correspondentes badaladas, o "Negra sombra".
hay un error generalizado en canto o suposto reloxo de sol no faro. teño que decir que non e un reloxo de sol que o que ali se representa e o planteamento inicial da dorre do farro. en un principio a torre queriase poñer en ese lugar cambiando logo de idea. o unico reloxo de sol que hay no noso pueblo esta situado no lateral sur da nosa iglesia.
ResponderEliminarVaia! Pois si que acabo de aprender algo novo, e agradézoche moito a túa aportación. Ese reloxo de sol na igrexa non o coñezo... pero prometo foto en canto o teña localizado. Saúdos.
ResponderEliminar