Buscar neste blog

21 de nov. de 2007

Pendentes do rato

Para os bateeiros máis informados xa é algo habitual seguir a evolución dos ratos que se usan no laboratorio do Intecmar para detectar a presenza de toxina diarreica no mexillón; se o rato morre “antes de tempo”, párase a actividade. Así é que non é de estrañar que entre broma e broma, haxa quen dubide das causas do falecemento do furón “¿a ver se vai ser da pinchada?”.
Retrancas á parte, o sistema de información do centro de análise é eficaz e bota man da última tecnoloxía. Os resultados dos bioensaios poden seguirse en liña, así como o estado dos polígonos de bateas, na actualidade todos abertos. E cando se pecha ou se abre un polígono afectado pola “DSP”, as agrupacións de mexilloeiros reciben notificación por SMS.

19 comentarios:

  1. Esa página mirolla eu a meu abuelo casi tódolos días.

    ResponderEliminar
  2. Xa está ben de rato, sempre nos toca o rato máis cativo, poderian empezar de unha vez por todas co análisis químico, para deixar de estar amarrados polo señor Maneiro.

    ResponderEliminar
  3. A conselleira non quere...23/08/10, 14:58

    jijij! ghústame o comentario de arriba!

    ResponderEliminar
  4. Có señor Maneiro, non hai maneira!!!!

    ResponderEliminar
  5. Teresita nomentero31/08/10, 12:10

    Teresita, teresita, pero mira que eres tontita.

    ResponderEliminar
  6. anda, un fachita........que pena me das...

    ResponderEliminar
  7. Devolveeeeede os cartos do Consello Rejuladorrrr

    ResponderEliminar
  8. anda , outro fachita, xa ten que ser duro ser facha e bateeiro, e ver o que nos esta facendo esta conselleira.......

    ResponderEliminar
  9. Eu quedo tonto ca merda dos politicos e dos politiqueos. Sempre tendes que mezclar o touciño ca velocidade. Unha entrada do 2007 que esta de actualidade ¿pola tóxina que azouta os poligonos de bateas?. O problema do sector non e a tóxina nin os conselleiros de turno, nin os presidentes dos consellos, a culpa e dos bateeiros que seguimos facendo o parvo mentres nos dan paus por todos lados. No 2005 co bipartito recen chegado o goberno houbo unha tóxina que durou meses, e mantivo todolos poligonos cerrados. ¿Seria culpa de Carme Gallego? Pois eu creo que non. Daquela moitos estaban caladiños e agora protestan, e o reves. Deixadevos de politiqueos que a min ningun destes me vai sacalo mexillon da batea, ainda que parece que a alguns si lle dan de comer catro chupatintas. Asi nos vai.

    ResponderEliminar
  10. O que ê duro e ser encarnado e o suficientemente xilipolas para ver ó expresidente do consello rejulador e do concello propiamente dito mexar por nos e decir que chove.

    ResponderEliminar
  11. ok , discipulo de Xabier blanco, ti crees todo o que din, sigue asi, o expresidente o peor que fixo foi sacar adiante a DOP e meter en ela os fabricantes, Anfaco , a conselleira ,Maneiro , M.Mendez e Xabier Blanco, xa se encargan de que 4 ignorantes coma ti se crean o seu conto para tirar abaixo a DOP , ti tranquilo , gracias a xente coma ti dentro de poucos anos todos estaremos a sueldo de pescanova ou similares, o tempo da e quita razons.

    saudos

    ResponderEliminar
  12. Deixade a politica que xa tuvemos outros conselleiros, e os problemas foron os mismos, e non vos acordades de Julian o que nos decia en Villagarcia. E o dia siguiente dixolle Carme Gallego que estaba armando moito follon, e mala prensa e que estaban as eleccións enriba, e desfixose todo. A tóxina houboa, haina e habera con que goberne. O problema deste sector son os bateeiros que somos tontos e a merda da politica que nos meteron, Julian e Ramon Dios, e Javier Blanco, e Javier Filgueira,etc etc.

    ResponderEliminar
  13. Polo que se lee, non vos enterachedes que nos van sacar do mar, sexa como sexa, teñen os cabos ben amarrados. Xa nos tiraremos dos pelos cando o famoso "contador a cero" se poña en práctica. De momento nadie se move, hasta que nos chegue a auga o pescozo, pero despois imos ver si ten remedio. Que vos quede claro, estamos vendidos a pescanova. A xente que está ahora na consellería pertece o mesmo grupo de López Veiga.

    ResponderEliminar
  14. De contos de malos, malisimos,estamos fartos. ¿Quen vai ser o listo que sea capaz a quitarnos do mar? De momento o que se esta e vendendo o mexillon mellor e mais caro. E do que me digan catro politicos de parte a parte non creo nada, e do que dijan catro extremistas da Illa menos.

    ResponderEliminar
  15. ¿Tes tan seguro que nos van quitar do mar? Eu si o tivera tan claro vendia mañan a batea antes de que me quiten a concesión. Si ti o tes tan claro xo terias feito e no fixestes, polo tanto quedaste ti e catro coma ti retratados. Non vin que Pose nin Julian, nin Ramon venderan as suas. Senon que algun deles anda facendo ofertas por comprar mais, que raro me sona esto.

    ResponderEliminar
  16. Si, xa están os tempos como para vender e empezar de novo, en outro negocio, aguantaremos haber que pasa, oxalá teñades razón, pero ide analizando os feitos para que non vos colla de sorpresa.
    Non sei ti, pero xa se vendeu o mexilón bastante máis caro do que vai hoxe en día, tes pouca memoria, e os cobros tamén eran máis fiables que agora mesmo.

    ResponderEliminar
  17. Si, claro que a situación foi moito mellor, pero nos mesmos na supemos xestionar. Cagamola ben cagada, ou mais ben os que nos representaban e despois pagamolas todas. Eu solo dixen que non hai que dramatizar, que si nos van a quitar as bateas, e fixen unha reflexión, si sei que ma van a quitar ou o pensara, venderia mentres podo, e os que mo contan no fan.

    ResponderEliminar
  18. Xa está aprovado o análisis químico, como método de detención das toxinas. Ainda poden convivir durante 3 anos, ambos métodos.
    Os bateeiros ainda non sabemos nada o respeto, si o INTECMAR, dispón da maquinaría para facer os controles.
    Xa sabemos que van esgotar o tempo o máximo, non valla ser que se queden sin o dominio do sector.
    Esperaremos haber que pasa.

    ResponderEliminar
  19. Xa está aprovado o análisis químico, como método de detención das toxinas. Ainda poden convivir durante 3 anos, ambos métodos.
    Os bateeiros ainda non sabemos nada o respeto, si o INTECMAR, dispón da maquinaría para facer os controles.
    Xa sabemos que van esgotar o tempo o máximo, non valla ser que se queden sin o dominio do sector.
    Esperaremos haber que pasa.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.