24.11.10

O mantemento do Chufre


[Susi Rial] O Chufre é o centro neurálxico da vida pesqueira da Illa, así como o lugar máis visitado polos turistas nos meses de verán. Aínda con iso, e unha vez máis, a iniciativa de limpar os seus fondos tivo que chegar dende o colectivo das mariscadoras. Grazas á súa boa organización e ó seu compromiso firme por coidar, manter, vixiar e limpar as praias, as mariscadoras aproveitaron as grandes secas para a limpeza do Chufre, mediante quendas de grupos de mulleres nas fins de semana. Entre o lixo retirado, había moito expulsado polo propio mar durante os temporais, por iso non deixaba de sorprender o número de pneumáticos aparecidos procedentes dos barcos, así como cordas, taboleiros de tódolos tamaños e todo tipo de botes e fragmentos de diferentes materiais. No contorno do Chufre e do Naval sempre se foi á seca. Agora, mediante esta limpeza, espérase que aumente a produción marisqueira nestas zonas. A pesar da cantidade de lixo retirado, presúmese que non se chegou nin á metade do que aínda fica nos fondos. Trátase dunha labor infinita, porque cada vez que se produza un temporal será necesario volver a limpar. E é que o mar coñece moi ben o que non precisa.

17 comentarios :

Anónimo dixo

gustoume esa frase.."e é que o mar coñece moi ben o que non precisa...
e despois queixámonos... o mar devólvenos toda a porquería que botamos nél..

Anónimo dixo

Hai outra contaminación, igual máis prosaica, que o mar non é quen de botar fóra, coma os contaminantes que pasan a formar parte da cadea trófica. Se as autoridades competentes fixesen o mesmo que as mulleres da Arousa, mellor nos iría. Boa entrada.

Contaminasión apodíctica..., por desir aljo. dixo

prosaico, ca.

(Del lat. tardío prosaĭcus).

1. adj. Perteneciente o relativo a la prosa.

2. adj. Escrito en prosa.

3. adj. Dicho de una obra poética o de cualquiera de sus partes: Que adolece de prosaísmo.

4. adj. Dicho de personas y de ciertas cosas: Faltas de idealidad o elevación. Hombre, pensamiento, gusto prosaico.

5. adj. Insulso, vulgar. Vida prosaica.

Joer, eu non vexo o encaixe, haber si mo explicas.

Anónimo dixo

A ver, Anónimo 4, podías buscar nun dicionario galego que igual tiñas máis sorte (aínda que tamén ten ese significado en castellano, pero qué lle vas pedir á RAE se pón antes "gallego" como parvo ou tatexo, en desuso, de 2º e 3º significados antes que "Lengua hablada en Galicia" en 7º lugar).

No Estraviz pon (3) fig. Sen elevación nen grandeza. Sinónimos. Vulgar, comun.
Pois iso: outra contaminación máis común, máis extendida, e máis prosaica tamén no sentido de que a frase "o mar bota fóra o que non é seu" é coma un lirismo que "humaniza" o mar, pero non é tan certo; hai contaminación que o mar disolve e pasa á cadena trófica, e non é quen de botar fóra.

Anónimo dixo

Pareseme unha verjonsa que teñan que ir as propias mariscadoras a limpar a praia porque debería ser un servisio munisipal feito polo concello ou calquer empresa externa e deberían faselo durante todo ó ano e non sólo en época de guiris. Mira que se quitou merda do naval (por serto as fotos vanse expoñer no museo do pobo galego e todo o mundo podrá ver o traballo das mulleres)e inda a que queda por ahí.
En canto á contaminasión "que non se vé" é un problema de sensibilisasión dos particulares pois deberíamos cambiar os xabóns que usamos por otras altenativas (como as ecobolas da lavadora ou os biodegradables)porque na EDAR non se eliminan. A parte de que nas praias se realiza directamente a limpesa e o pintado das embarcasións con lejía, brea e todo tipo de pinturas. Depois que non nos extrañe pasear polo paseo marítimo e ver flotando esa asquerosa espumilla que deixan.

Anónimo dixo

A min pareceme tamen que as mulleres da seca puteanas para todo, limpan a merda que tiran ou tiramos todos, no vran fan o traballo de gardacostas que teria que facer a confraria. Non teremos personal bastante no concello para limpalas praias. Espera que nas manden pintar a confraria.

Anónimo dixo

Esa tamén é outra que teñan que ir vigilar elas e pelearse cós guiris jode-ameixas que as vasilan porque non teñen autoridá ningunha. O ano pasado hasta lle asorraran un can a varias delas.

Anónimo dixo

Pero por que desides eso? Non vedes que somos un pueblo de sosialistas que miran polo traballador raso? Jobérnanos esa xente demócrata que mira polo ben de todos, non no individual. Aljén se acorda da playa que qeria faser no rejeiro unha que fora consejala de turismo? Pa que acondisionar as que temos? ¡Fajamos unha nova!. Sinseramente... Penoso

Anónimo dixo

E os montes de aljas que recollen e deixan por ahí a pudrirse

Anónimo dixo

Pois o concello dí que temos un sistema que funciona sen problemas, jaja, o que pasa e que acojonan as multas

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/08/26/0003_8689757.htm

Anónimo dixo

Así es... penoso.

As da foto de Vilanova que están limpando a praia tamén están gobernadas polos da Arousa?

Anónimo dixo

Da hai da Arousa e de todas partes

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=5836&corte=2009-01-30&hora=15:03:44&canle=tvg1

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2010/09/09/0003_8714806.htm

E qué pasou con éste proxecto?

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2958/algas-utiles/129210.html

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/09/10/0003_8717096.htm

Anónimo dixo

! Que fácil é votar a culpa os que jobernan! O mar, efectivamente rechaza o qu non quer, pero ?quen o vota ¿ . Moita xente da Illa estivo en Alemania ou Suia, é segro que alí non votaban unha colilla no chan. Por favor, sexamos mais respectuosos co Medio ambiente. Que A Illa esté limpa en coua de todos, de TODOS. a ver si aprendemos.

Anónimo dixo

As aljas e o que arrastra o temporal non o bota nadie e deberíase de faser carjo delas a administrasión e ter un servisio de limpesa de playas ten a misma lójica ca que haxa un de limpesa de rúas. Ou en alemania a xente gestionaba os seus propios residuos?

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...