[Susi Rial] O día do Carme é o día máis agardado de todo o ano na Illa. A súa chegada marca o final das festas, por iso todo o mundo trata de vivilo da forma máis intensa posible. A primeira opción é ir á procesión. Pero os amantes do "vermú" prefiren ficar en terra, porque non hai día no que a hora de xantar se demore tanto.
Buscar neste blog
27 de xul. de 2010
26 de xul. de 2010
Os da 'Galega' van ao raño
Un reporteiro do programa Na túa pel acompañou a un mariñeiro arousán ao raño para facer unha reportaxe sobre o marisqueo a flote. Despois dunha xornada de traballo, o reporteiro acabou rebentado, con quilo e medio de ameixas e unhas cantas bochas... Aquí teñen o programa enteiro, emitido o pasado 20 de xullo. As cámaras da canle autonómica tamén estiveron gravando nas festas, esta vez, para o programa Na punta do pé.
22 de xul. de 2010
Habemus fonte
A nova fonte de pedra do Charco, instalada esta mañá
O barrio do Charco estrea fonte, logo de máis de tres anos de espera. A recuperación da fontenla é un logro veciñal, que pode servir de exemplo para outros rueiros preocupados polo seu patrimonio. Así seguimos os acontecementos desde na illa:
-Quedamos sen fonte (xaneiro 2008)
-Os veciños defenden un símbolo do Charco (agosto 2008)
-Activismo cidadán (xullo 2009)
-E agora aparece un ramo (xullo 2009)
-A fonte que si existiu (xullo 2009)
-As fotos da illa dos carcamáns (maio 2010)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)