Buscar neste blog

5 de xul. de 2009

Activismo cidadán

O Charco amenceu hoxe cunha reivindicación pública sobre a desaparecida fonte


Case dous anos leva o Charco sen a súa fonte pública, logo de que fora derruída debido a un accidente de tráfico. En agosto do ano pasado, os veciños fixéronlles saber aos responsables municipais o seu desexo de que unha nova fonte ocupase o lugar da antiga, contradicindo así as intencións do Concello, que pretendía erixir unha estatua no sitio. Dende aquela, non se produciu ningunha actuación na zona, a pesares do compromiso municipal de estudar a proposta dos veciños. Hoxe á mañá, o Charco amenceu cun cartel que denuncia o abandono do proxecto da fonte.

10 comentarios:

  1. A min, como isleño, gustaríame saber cando houbo unha fonte no charco.Eu lembro un pozo que hoxe estaría contaminando ós veciños da zona. ÚLtimamente había aí un grifo con auga da traída, pero non unha fonte.
    Antes de escribir informádevos.

    ResponderEliminar
  2. deberian poñer a estatua de Sor Aurora, asi estaria o lado da guarderia.......

    respecto a fonte do charco, antigamente era un pozo , despois era un grifo con auga da traida, que realmente non ten moito sentido nestes tempos, xa que hoxe en dia todo o mundo te auga corrente na sua casa para lavar os cacharros e as alfombras, eu sinceramente tapario con un pouco de cemento, xa que o estado actual resulta perigoso......

    ResponderEliminar
  3. Que poñan a fonte ou o que queiran pero ter 2 anos sen nada mostra as claras o abandono do lugar

    ResponderEliminar
  4. Certo,no charco antiguamente,habia un pozo e un pilòn donde se lavava e conociase en toda a arousa como a "fonte do charco"incluso cando habia agua da traida tamen se lle chamaba asì.Ò primeiro anonimo,ti como isleño,nunca oistes falar da"fonte do charco"?

    ResponderEliminar
  5. así é... vivo pola zona e os veciños toda a vida lle chamamos "fonte do charco"!!!

    ResponderEliminar
  6. ¡Que ben!chapò polo que puxo o cartel nin que lle mandara eu.
    Si non e unha fonte e un grifo,o caso e que alì sempre houbo agua e deberia seguir habendo,mais cemento non,por favor.
    Unha cousiña mais,a famosa fonte de canaletas de Barcelona,e un grifo e chamanlle fonte.

    ResponderEliminar
  7. Un pato do Portinho06/07/09, 17:30

    Eu quero unha estatua de Dña. Lola no lugar da fonte, creo que é ben merecida pola traxectoria docente e a labor desenvolvida para espulgar a tantas xeracións de veciño/as.
    Se non fora posible, que fora a do Alcalde ou a de Genito pola gran aportación á causa socialista tanto do barrio do Charco coma o de Jamaica.

    ResponderEliminar
  8. Qué boa!!!!! eu estou totalmente dacordo co pato do protinho!!! Si!!! Si!!! Unha estatua de calquera dos tres!!!

    ResponderEliminar
  9. O propio seria unha fonte. para amenizar un pouco a calle. respecto a o que dixo o de tapalo...non sei para que se deberia tapar, para aparcar ai tamen?

    e xa postos a poñer unha estatua do alcalde por que non a de Martines?

    ResponderEliminar
  10. Tolean as monxas!!!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.