Buscar neste blog

25 de maio de 2010

As fotos da 'illa dos carcamáns'

Foto: Toñito Gil
O mar batendo no desaparecido 'malecón' do Campo

A antiga fonte do Charco

A "illa dos Carcamáns" é unha nova páxina do facebook  que está a difundir fotos antigas da Illa de Arousa. O espazo constitúe un valioso banco de imaxes, no que se poden atopar fotografías como as que mostramos aquí: unha fermosa estampa dun temporal con toda chea no Campo (canta xente se debeu anegar ao pasar por aquí!) e a primitiva fonte do Charco, que aínda hoxe continúa sen repoñer, e da que algúns mesmo negan a súa existencia.

3 comentarios:

  1. Qué bonita... e non poden recuperar a fonte antiga para o sitio?

    ResponderEliminar
  2. A foto do temporal é impresionante. Fíxoa Toñito Gil.
    Para quen lle interese, estou recollendo algunhas das miñas fotos nunha web que acabo de crear, e na que teño a intención de incluír artigos sobre aspectos da natureza e a paisaxe da Arousa.
    De momento hai enlaces ás galerías que teño en Panoramio e Flickr.
    A dirección é moi fácil:
    http://www.arousafoto.com

    ResponderEliminar
  3. moi boa a paxina esa da illa dos carcamans un saudo.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.