Publicacións

Así está a nova estrada

Imaxe
A estrada está a piques de chegar ás casas do Cabodeiro pendentes de derrubamento Unha pequena ponte salva o humedal da Braña da Veiga Pouco a pouco, a nova estrada de acceso ao Chufre vai tomando forma. Xa está asfaltado o tramo que vai do Bao a Riasón e tamén parte do vial que discorre polo Aguiuncho. Nesta zona, xa foron derrubadadas varias vivendas. Pronto lles tocará ás casas do Cabodeiro que tanta guerra deron.

Neuroband no youtube

A través do Youtube xa podemos ir coñecendo os últimos temas de Neuroband , de momento, hai tres vídeos pendurados .

A reunión dos bateeiros

Imaxe
Os bateeiros arousáns, durante o encontro coa directiva do Consello Aproximadamente unhas 200 persoas reuníronse o pasado 8 de maio no auditorio municipal para escoitar as explicacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia, ante a polémica suscitada pola filtración dunha auditoría que declaraba a entidade en "creba técnica" e acusábaa de irregularidades nas contas. O presidente do Consello, Francisco Alcalde, defendeu a xestión e a transparencia da institución, e destacou o dano que lle está a causar todo este proceso ao sector mexilloeiro. Os bateeiros arousáns apoiaron á directiva do Consello e acordaron pedir a demisión de Maneiro, director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, a quen sinalan como promotor dunha auditoría "calumniosa" e tamén como responsable da súa divulgación malintencionada.

Think tank para desacreditar a denominación de orixe do mexillón galego

Imaxe
O Consello Regulador Mexillón de Galicia, en Vilagarcía O Consello Regulador Mexillón de Galicia , independentemente dos erros que poida ter na súa xestión, está a ser vítima dunha orquestrada campaña de deslexitimación, impulsada por quen debería ser o seu principal garante, a Consellería do Mar, e en concreto, polo director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Carlos Maneiro. A presentación dos resultados dunha auditoría externa realizada ao Consello foi a escusa para iniciar un ataque contra a única institución que aposta pola unión do sector mexilloeiro e a implantación da marca de calidade “Mexillón de Galicia”. Co apoio de certos xornalistas da prensa local, estase a presentar unha interesada lectura das contas da entidade e a lanzar ideas como que a denominación de orixe, cos seus escasos dous anos de vida, é “unha marca de calidade inservible e insignificante en canto ás vendas”, tal e como publicou o Faro de Vigo recentemente. A información non detalla, por exemplo, ...

Seguimos

Imaxe
A marquesiña das Aceñas, en febreiro, rodeada de herbas Non se pode estar en todo e, ás veces, hai que deixar unhas cousas para poder facer outras. Grazas por seguirdes aí. A imaxe é da parada do autobús escolar das Aceñas, da que un comentarista se ten queixado en repetidas ocasións polo seu descoidado estado.

A vista de paxaro

Chaves acusa publicamente ao Concello de corrupción

Imaxe
Área de reparto en execución, en Gradín O incidente entre José Manuel Chaves Daporta, "o pastelero", e a arquitecta municipal, Pastora Parada, deu lugar a un cruzamento de acusacións que vai adquirindo tintes marbellís. Logo de que fose ampliamente divulgada a versión do Concello, Chaves pasou a contraatacar tamén nos medios. Nunha entrevista a SiRadio de Galicia , acusa aos responsables municipais de favorecer a determinados construtores, e de recibir cartos por detrás na adxudicación de licencias. Aquí teñen o momento: No cuarto de hora de conversa co locutor, Gabino Porto , o construtor arousán tamén se referiu ao caso dos pisos do Furado, e á xestión das áreas de reparto: Os polémicos pisos do Furado (Os cortes de voz foron extraídos da entrevista exclusiva concedida ao magazine "Rías Baixas Día a Día", de SiRadio de Galicia, divulgada na súa web)