Publicacións

Un deseño corporativo 'histórico'

Imaxe
E aínda vixente A agrupación "Illa", creada en 1977, é o colectivo de bateeiros máis antigo da Arousa. Dende a súa fundación, cambiou algunha vez de sede, pero a súa característica imaxe corporativa permanece sempre inalterable na fachada.

Bateas de peixes, o futuro inmediato?

Imaxe
Batea de peixes do Instituto Galego de Acuicultura ( Igafa ) O plan de ordenación dos cultivos mariños , plasmado polo momento nun proxecto de liñas xerais, aposta polo impulso de especies diferentes do mexillón e da ostra, algunhas delas con viabilidade probada. Segundo apunta o documento, en Galicia existen 3.362 bateas dedicadas ao cultivo de mexillón, 101 á ostra, 75 centradas en policultivos e outras 193 instalacións experimentais de moluscos, crustáceos e peixes (polbo, navalla, ollomol, algas, ameixas...). Entre as plataformas experimentais, por certo, figuran tamén as bateas de reparqueo de mexillón, pensadas para aquelas zonas con risco alto de mareas vermellas, que precisan un lugar ao que trasladar o produto cando pechan os polígonos. Actualmente funcionan con éxito nas rías de Arousa e de Vigo. Tendo en conta a aposta do goberno Feijóo pola piscicultura –e cuxo máximo expoñente é a recuperación do polémico proxecto de Pescanova en Touriñán- é de esperar que a política para...

Asoma a primavera en Carreirón

Imaxe
Un piñeiro cargado de polen, hai uns días Un niño de peludas

Un ano do proxecto talasonimia

Imaxe
¿Cal é o Con das Camas, o que está en seco ou o de máis atrás? Hai un ano iniciábamos o Proxecto Talasonimia para tratar de inventariar e recuperar os nomes dos cons, das praias, dos caladoiros e de todos os accidentes marítimos da Illa de Arousa. Logo viría o Dicionario de Ausencias , para recuperar as palabras patrimoniais. O espazo recibiu tal cantidade de propostas, que derivou na creación de outro diferente, dedicado á Fraseoloxía carcamana , é dicir, a todas aquelas expresións coloquiais que, se un non mantén relación coa Arousa, non entende. Finalmente, a proposta dos lectores, creouse o espazo de Alcumes , para recoller os apodos de tradición familiar. Con motivo do aniversario, animámosvos a darlle un novo impulso ao Proxecto Talasonimia, que conta na actualidade con 77 entradas e 32 comentarios. A última incorporación foi o “Con das camas”. Xa dirán os expertos cal deles é, dos dous que aparecen na foto.

O repertorio inédito dos M.D.A.

Aínda que a moda do "politicamente correcto" tamén vai calando pouco a pouco nas letriñas do Entroido, as comparsas arousás teñen por tradición a crítica, de xeito explícito ou encuberto, á veciñanza. A gracia que demostren nesta arte determina o seu éxito entre o público. No repertorio 2010 dos M.D.A. hai dúas cancións que provocaron moitas risas e comentarios, e que non constan nas historias impresas. Agora xa podemos escoitar unha delas no Youtube.

Os cacharros dos polbos

Imaxe
Un cacharro roto e tirado nunha praia da Arousa Entre os polbeiros de toda a vida, que herdaron dos máis vellos os coñecementos secretos sobre as covas e os recunchos marítimos nos que se agochan os polbos, non está ben visto o uso de cacharros na pesca. Estes artefactos, previamente afundidos cun peso de cemento ou pedra, funcionan como casas trampa para o polbos, moi amigos de introducirse en refuxios coma este, que lle dean abrigo. Logo, non hai máis que botar o cambelo cun cangrexo amarrado para facer que o cefalópodo saia da casa e pique. Seguindo a máxima de que 'onde houbo un polbo, hai outro', o nivel de capturas está garantido. O sistema é especialmente eficaz, mais non é considerado unha arte nobre polo seu potencial esquilmador.

A crítica da Comparsita

Imaxe
A Comparsita denuncia nas súas letras a súa exclusión do festival de comparsas Coas letras da Comparsita, rematamos de publicar todas as historias que se cantaron no Entroido deste ano. En total, foron catro as comparsas que saíron á rúa: As Rumorosas, M.D.A., Armonía e a Comparsita. Esta última non puido participar no festival de comparsas organizado polo Concello o domingo (e dotado cun premio de 300 euros para cada grupo participante) por non reunir o número de compoñentes mínimo que establecía as bases municipais. A exclusión da Comparsita converteuse nunha das principais críticas das súas letras.