Publicacións

Os rueiros máis antigos

Imaxe
O cruceiro da Torre, nun dos barrios máis antigos da Arousa O barrio da Torre e mais O Nicho, onde antigamente se atopaba a igrexa, son os rueiros máis antigos da Arousa, de acordo coas explicacións de Manolo Lojo na revista Dorna nº4. Segundo argumenta o historiador, nas forais de 1610 consta que o maior asentamento de vivendas da illa atopábase na Torre, próximo á casa da orde relixiosa e tamén ao cárcere. Ademais, había outras dúas casas xunto á vella e xa derruída igrexa, e algunhas máis espalladas polo resto do territorio insular. Xa no 1779, e seguindo cos datos de Lojo, o reparto de veciños por barrio era o seguinte: -A Torre: 32 veciños -Pedracerrada: 20 veciños -Yglesia: 21 -Plaza: 18 -Salga: 17 -Cruzeiro: 15 -A Fonte: 12 Así, a finais do século XVIII, a Arousa contaba con 135 veciños, distribuídos en sete rueiros.

Os bolsos de Angelita

Imaxe
Imaxe captada da Televisión de Galicia A arte de Angelita Dios, veciña de Pedraserrada, mereceu a atención dos servizos informativos da Televisión de Galicia, que lle dedicaron unha nova no telexornal mediodía de onte. Angelita fai bolsos a ganchillo con moita habilidade, pero a novidade é que os tece con plástico das bolsas dos supermercados.

Un domingo de inverno

Imaxe
De volta para a casa

Chuchamel

Imaxe
Por que lle chamarán chuchamel, sendo como é tan agre?

Pensando xa no aguinaldo

Imaxe
Unha pequena colección de chisqueiros Agardemos que a crise non remate co bo costume dos bares e pubs da Arousa de darlles aos seus clientes un aguinaldo de Nadal. Os fumadores aproveitan a ocasión para facer provisión de chisqueiros, un agasallo que, ademais de ser práctico, pode chegar a ter un valor sentimental. Cando os lugares que promocionan desaparecen, os chisqueiros viran pezas de colección, cobizados testemuños de noites pasadas.

Avanza a construción do novo peirao

Imaxe
Obreiros traballando no Chufre, onte

Pensamentos contracorrente

Imaxe
Captura de pantalla do blog Ramón Otero Oubiña, bateeiro da Illa de Arousa, mantén desde o pasado verán un blog denominado Pensamentos contracorrente , no que leva publicados algúns artigos interesantes sobre a situación do sector mexilloeiro. Para o blogueiro arousán, a competitividade, a cohesión e a rendabilidade do sector mexilloeiro están estreitamente vinculadas ás decisións da Consellería de Pesca, e relaciona os vaivéns do sector coa promulgación de leis, normativas e decretos.