Publicacións

Os preparativos do S.O.S. Komaira

Imaxe
A entrada do Capitol, empapelada cos carteis do festival Socios do colectivo Comaira, preparando as instalacións para o festival O festival S.O.S. Komaira é un exemplo de autoxestión Mentres o galeón Comaira permanece mergullado en Castrelo, os catorce socios do colectivo do mesmo nome levan unha semana de intenso traballo para ter todo a punto para este sábado. Os concertos de grupos amigos, que colaboran desinteresadamente no festival, acompañaranse dunha exposición fotográfica sobre a evolución da restauración da embarcación. E tamén haberá empanada de mexillóns, que se servirá gratuitamente coa entrada (tres euros). O festival S.O.S. Komaira é unha iniciativa independente das institucións, destinada a financiar a recuperación dun antigo barco que ía ser despezado.

Mirando ao chan II

Imaxe

Mirando ao chan I

Imaxe

Festival Komaira

Imaxe
A restauración do galeón Comaira entrou nunha nova fase para a que se precisan recursos. Así que o grupo de mozos que se está a encargar da posta a punto da embarcación decidiu organizar un festival no cine Capitol para recadar fondos. Será o 19 de setembro, e a entrada custa tres euros.

Clásicos gastronómicos do Chufre

Imaxe
Mexillóns "tigre", sardiñas asadas e navallas, tres clásicos do verán arousán A festa do mexillón presentou por 1ª vez no seu repertorio as vieiras Tanto ten se se trata da festa da navalla, da festa do mexillón ou da exaltación dos produtos do mar. As carpas gastronómicas do Chufre ofrecen cada fin de semana de agosto un menú similar que inclúe mexillóns tigre, sardiñas asadas, navallas, polbo á feira e ameixas á mariñeira, entre outros. Só a festa do mexillón ofreceu un prato exclusivo e novidade deste ano, as vieiras recheas con mexillóns. Moi boas, por certo.

A pasante

Imaxe
As pintadas brancas nas columnas indican a localización da pasante Navegar baixo a ponte dun lado a outro require certos coñecementos marítimos, debido á escasa profundidade do mar nesa zona do Bao e o conseguinte risco de encallamento. De todos os puntos polos que pode atravesar un barco, existe un idóneo, que os mariñeiros coñecen como “a pasante”. Marcada con dous sinais brancos en cadansúa columna, a pasante coincide co punto de maior elevación da ponte e reúne o calado suficiente para que poidan navegar lanchas e pequenas embarcacións independentemente dos diferentes niveis da marea. Así e todo, os barcos de gran envergadura, como os bateeiros, deben agardar a media marea para pasar e ademais de ter coidado en non tocar coa quilla no fondo, deben prestar atención á altura da ponte, para evitar bater coas grúas contra a plataforma viaria. Nas mareas vivas de decembro, o lombo do Bao queda en seco e a navegación na baixamar é imposible para calquera embarcación, mesmo na pasante.

A vista de paxaro, 40 anos atrás

Imaxe
Imaxe aérea da Arousa, tomada en 1968 (fotografía propiedade do diario ABC) A dixitalización de vellas revistas e xornais e a posibilidade de acceder libremente ás hemerotecas a través da rede abre novas vías para a obtención de recursos e documentación sobre o pasado da Arousa. A vista aérea que reproducimos aquí foi publicada no semanario Blanco y Negro en 1968, e está dispoñible para a descarga baixo certas restricións. Na revista, a imaxe orixinal vai acompañada dun pé de foto que dá conta da existencia de 105 fábricas que empregan a 10.000 produtores. Como pode ser que nese tempo traballasen nas conserveiras o dobre de persoas que a poboación actual da Arousa?