Publicacións

A evolución do Comaira

Imaxe
Estado actual do Comaira Detalle da restauración da "obra morta" Continuamos a seguirlle a pista ao galeón Comaira , que está sendo restaurado por un grupo de mozos arousáns.

Inaugurado o Museo das Conservas

Imaxe
Numerosos veciños acudiron á inauguración o pasado 16 de xaneiro Alción era unha das tres marcas que comercializaba Goday A conselleira de Pesca, Carme Gallego, examina unha lata de conservas O centro de Interpretación das Conservas, o primeiro museo da illa, xa está aberto ao público. A antiga fábrica de Goday , recoñecida como a pioneira das conserveiras galegas, servirá para a realización de actividades de divulgación sobre o mar e a pesca, e de testemuño do pasado industrial da illa. No 1912, había instaladas no territorio insular tres factorías de conserva, catro de escabeche e outras tantas de salazón, que empregaban, directa ou indirectamente, a boa parte da poboación, que se contaba en 1.365 persoas. A gran crise da sardiña dos 40 iniciou o declive da industria conserveira, agudizado logo pola imposibilidade das factorías de adaptarse ás novas esixencias da Administración. A última fábrica en pechar foi a de Salvador Otero, no ano 2002.

Veciños do Cabodeiro protestan polas expropiacións

Imaxe
Enfrontamento veciñal no Cabodeiro debido ás expropiacións (foto de Iñaki Abella publicada no Faro de Vigo) O alcalde frea a unha veciña afectada polas obras da estrada do Chufre (foto de Martina Miser publicada en La Voz de Galicia) O acto de colocación da primeira pedra da construción da nova estrada de acceso ao Chufre rematou cun enfrontamento entre militantes socialistas e veciños do Cabodeiro afectados polas expropiacións (unha das familias perderá a súa casa). A conselleira de Política Territorial, María José Caride, visitou onte a illa para presidir o inicio das obras, pero marchou antes do previsto debido ás protestas veciñais, nas que tamén se viu implicado o alcalde. Na web oficial da Consellaría poden consultar todos os detalles técnicos da estrada , que desviará o tráfico pesado do centro urbano. As queixas non se mencionan.

A Area da Secada: o mar

Imaxe
As praias da illa son aínda máis bonitas nesta época do ano, solitarias, baixo a luz invernal. As imaxes son da Area da Secada, hai uns días.

A Area da Secada: a terra

Imaxe
A herba medrou até adentrarse na praia Coas chuvias, agroman os fungos

Pintadas

Imaxe
Pintada futboleira, fronte á panadaría de Mascato "Arousa", no Regueiro Unha mostra dos debuxos do Pepis, na rambla A sinatura dos grifotas está presente nas paredes dende hai anos Típica pintada de despedida de solteiro Unha misteriosa mensaxe en francés, "Tranquiliza o teu pobo", no Chufre As pintadas e os graffitis constitúen unha forma de expresión xenuinamente urbana, que utiliza as paredes e os muros das rúas como soportes de comunicación. Na illa tamén hai afeccionados a esta arte underground.

Imaxes de festa

Imaxe
O patrón San Xulián saiu en procesión o 7 de xaneiro, como manda a tradición A decoración "kitsch" do bar Galeón Este ano, a iluminación das rúas foi un pouco máis moderna que as montaxes de “bombillas” de costume A pesares do frío, aínda houbo quen se apuntou en Noiteboa ao botellón, no banco de pedra da Casa do Concello