Publicacións

O ático de Pepe Blanco

Diversos medios dixitais fanse eco hoxe deste vídeo realizado e publicado polo xornal conservador La Nación (Grupo Intereconomía) no que se asegura que Xosé Blanco, secretario de organización do PSOE, adquiriu unha propiedade nos famosos pisos da Punta do Furado. A construción deste residencial á beira do mar ten provocado airados comentarios neste blog, onde incluso algún visitante xa ten advertido de que Blanco, asiduo dos veráns carcamáns, tiña os ollos postos na polémica obra. É obvio que este vídeo sensacionalista ten por principal obxectivo desprestixiar politicamente tanto ao Concello socialista, como ao secretario do PSOE, e nel fanse algunhas afirmacións falsas; por exemplo, non é certo que as ameazas de derribo das casas da zona proveñan do Concello, senón da Xunta. En todo caso, si é responsabilidade do Concello a recalificación como urbanizable dun piñeiral situado enriba da praia e a concesión das licencias de obras. Ata o momento, leva soportado as críticas de moitos veci...

Caldeirada de peixe na xeiteira

Xa hai tempo que a asociación cultural Dorna pendurou no youtube este vídeo, no que se recrea a antiga costume mariñeira de facer unha caldeirada de peixe a bordo. O narrador, Uxío Allo, interpreta unha canción popular que di así: "quen teña viño, quen teña viño (bis) que me traia un pouquiño, quen non o teña, que vaia rápido a buscar unha botella" E aquí abaixo, temos unha nova versión fílmica da caldeirada, a cargo de Hércules Audiovisual. O narrador do vídeo é o mesmo, pero variou o seu cantar; iso si, sen renunciar á temática de costume ;-) "Bota viño taberneiro, taberneiro bota viño bota viño taberneiro que os da Illa pra cantare temos que beber primeiro" (bis)

Deporte en familia

Imaxe
Un éxito, a festa do deporte organizada polo concello na mañá do domingo. Capoeira, windsurf, vela, piragua, volei-praia e fútbol-praia foron algunhas das actividades das que gozaron pais e fillos na "remozada" área do Bao. Coa inscrición, regalaban camisetas, gorras e panos.

As imaxes de Fasquía

Imaxe
Na imaxe, os trofeos que recibiron as cinco primeiras dornas clasificadas O vento puxo nun apuro a máis de un O patrocinio é unha forma cada vez máis estendida de financiar a vela Unha visión da regata, o pasado 7 de xuño A Cariñosa, a Nécora e a Mimela, as tres dornas da Illa, foron as primeiras clasificadas da cuarta edición de Fasquía , a regata que inaugurou a pasada fin de semana o campionato galego de dornas a vela. En total, competiron 26 dornas, algunhas menos das previstas, xa que a delegación meca, por exemplo, non acudiu ao completo. A regata Area Seba, prevista para o 14 de xuño, foi suspendida, segundo informan Amigos da Dorna Meca . Así que a seguinte cita puntuable para o campionato será o 28 de xuño, coa veterana Volta á Illa, que cumpre 24 anos.

Así quedou o Regueiro

Imaxe

Santa Marina

Niki Picalitos, arousana residente en París, ofrécenos esta montaxe fotográfica dos quintos no día do Carme. Aínda que o servizo militar deixou de ser obrigatorio, os quintos (a xeración de mozos de 18 anos) continúan mantendo o seu día de festa no verán -antes a xeito de despedida- e acompañan á Virxe na procesión marítima, vestidos co uniforme da Marina.

O “Arosa folk”, o festival da transición

Imaxe
    [Helena Domínguez] Non pasara aínda un ano da morte do ditador Franco, cando a “Delegación Nacional de la Juventud” decidiu organizar unha gran mostra de música na illa de Arousa, coa participación de representantes de todas as provincias españolas. Descoñezo as claves para interpretar o por que da elección xeográfica, pero chama á atención que fose nunha illa galega mal comunicada, con fama de díscola e na que o turismo era un fenómeno descoñecido. O caso é que entre o 4 e o 7 de setembro de 1976, tivo lugar no piñeiral de Testos o “Arosa Folk”, o primeiro gran espectáculo de masas que se celebrou na illa. Asistiron unhas 3.000 persoas e foi presentado por unha estrela televisiva da época, Eva Gloria, cara habitual dos espazos musicais de TVE. Naquel festival de ambiente hippi, con escenario ao aire libre e centos de mozos aloxados en tendas de campaña, comezaban a liberarse algúns xustillos do franquismo . A lingua galega estivo presente nos poemas musicados dalgúns ca...