Publicacións

Tardes de inverno

Imaxe
Logo dun outono seco e dun comezo de inverno de tardiñas de sol, xa chegaron a tronada, o frío e as chuvias. Esta mañá mesmo asomou a saraiba. Aos previsores, que xa tiñan o estramio apañado, non lles colleu de sorpresa, por sorte para algunhas galiñas. Á quenturiña do sol, hai uns días De volta do piñeiral da Area da Secada Unhas que precisan estramio

Aínda queda o patrón

Imaxe
A iluminación de Nadal deste ano, no Campo Á parte da exaltación relixiosa, e de andar de bares da mañán á noite nada máis rematar as farturentas festas do Nadal, ¿podería, a celebración de San Xulián, converterse en algo máis? Ábrese o concurso de ideas.

Adxudicados os novos obradoiros

Imaxe
A sede do Obradoiro Nordés, en Testos Obradoiro de construción naval con poliéster. Imaxe collida desta web A convocatoria para cubrir prazas nos obradoiros de emprego que organiza o concello resolveuse hai unhas semanas, con alegría para uns e disgusto para outros. Máis dun cento de solicitudes para apenas cincuenta prazas amosan o interese que esperta esta actividade de formación remunerada (uns 900 euros mensuais), que inclúe módulos de albanelería, carpintería, construcción naval, xardinería e canteiría. Os obradoiros, dirixidos principalmente a mulleres novas, ofrecen a oportunidade de aprender un oficio en horario de mañá e traballar na recuperación e no coidado do patrimonio público. Un caramelo que todos queren nunha vila na que o emprego para as mulleres, máis alá da precaria hostalería, escasea.

Carteis para a reflexión

Imaxe
Hai unhas semanas apareceron pegados na rúa uns carteis que cuestionan a construción como estratexia de futuro para o desenvolvemento da Arousa, unha crítica imaxinativa que convida aos veciños a opinar no enderezo illaopina@gmail.com .

Programación infantil de Nadal

Imaxe
Os rapaces que se aburran nestas festas, será porque queren. O Concello preparou un completo programa de actividades e xogos, aos que lle hai que sumar un concurso de redacción de contos de Nadal e a Cabalgata de Reis: Os piratas da Arousa Tardes do 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro. No Regueiro, ou na sala Capitol se chove. Xogo en grupo que consiste en buscar un tesouro agochado, pensado para que os rapaces coñezan mellor o contorno e se relacionen cos veciños. (13-16 anos). Festa solidaria Actividade dirixida aos alumnos do colexio e do instituto, que consiste nun intercambio de roupa e xoguetes usados, por libros. Destinado a fomentar a lectura e fomentar a solidariedade. Desfile de Papá Noeles O venres 21 de decembro O ano pasado participaron máis de 300 persoas. Imprescindible disfraz. Encontro dos Axóuxeres Domingo 23 de decembro, no salón de plenos do Concello ás doce. Concerto íntimo de Mercedes Peón, dirixido a pais e meniños de 0-3 anos. Destinado a promover o u...

In the Dark

Imaxe
Unha cantautora de Texas, Hilary York , (na súa web tamén pón que estivo actuando en Vigo), elixiu o pantalán do Chufre como escenario para a gravación do videoclip dunha balada acústica. Curioso.

A orixe das conserveiras, vista desde Cataluña

O programa Thalassa da canle autonómica catalana TV3 , dedicado a asuntos relacionados co mar, emitiu hai uns días un interesante documental sobre a orixe das conserveiras en Galicia e a súa relación cos industriais cataláns. A gravación pode verse en liña (facendo clic na opción de "qualitat baixa") e conta coas intervencións, entre outras persoas, de Xoan Dopico, na Illa de Arousa, Manuel Goday, en Vilagarcía, e Albert Goday, en Barcelona, estes dous últimos descendentes da familia Goday. Gran parte das imaxes do documental están tomadas na Arousa.