21.6.09

As alfombras, un ano máis

A alfombra do "Sacramento", no Campo

Primeiro foron as confirmacións, logo as comuñóns, e este domingo tocoulle ao "sacramento". Dezaoito matrimonios da Arousa celebraron os seus 39 ou 40 anos de casados nunha cerimonia colectiva, cuxa parte pública máis vistosa foi, como sempre, a exhibición dunha alfombra de sal e flores no Campo. Este tipo de celebracións relixiosas, que van marcando os ciclos da vida das persoas, están moi enraizadas entre a poboación insular.

5 comentarios :

Anónimo dixo

Fora de toda a parafernaria que vai da man de todo este tipo de celebracions e moi bonito ver a xente que despois de 40 anos de vida en comun celebra cos seus esta festa. Moitos recordos, moitas alegrias e seguro que moitas dificultades despois de media vida de convivencia. Noraboa a todos.

Anónimo dixo

NORABOA a todolos matrimonios que ó pesar da loita dia a día, e da enfermedad nalgúns casos, chegaron xubilosos a poder contar e celebrar xa 40 anos xuntos desexándolles que loiten con forza cara outros 40. E noraboa ó coro de villajuan que solemnizou o acto. FELICIDADES, que cantaron unha misa... para levantarlles o sombreiro.Eu ando no mundillo da música, sei o que son os coros e como funcionan, e podo decir que o que cantaron...ai que medirse, que no canta calquera coro. Que finura...que gusto pa cantar... Oíra falar mil veces dos de villajuan e nunca os escoitara, e onte sintinme privilegiada con eles. Deberían tomar nota as 4 ou 5 negociantas que temos aquí na Arousa pa cantar, que perdonando, da asco oílos. e teñense por moito. Indignante que lle cobren á comisión de festas 1.000€ por cantar no Carme. (si é que a eso se lle pode chamar cantar). 1000 euros pa repartiren entre as de pupú,os jubilados de venezuela,comerciantes... (os que mais cartos teñen) que non se dan cheos e inda van aproveitar quiñón á misa.!!que pucheirada!! Está ben que cobren actos, entierros, 1 voda ou tal, pero no patrón,no día do Carme, os días grandes do noso propio pueblo, en ves de axudar pa fasermos boas festas a como corren os tempos, estes inda cobran dos cartos que damos todos. non ai dereito!!.Que canten gratis, ou sinon pa terlle que pagar a elas, é mellor que veñan de fóra, que cobran casi 400€ menos, e non teñen comparasión.

Coro da Illa dixo

A este último comentarista si que me da noto escoitalo.
A ver si se entera da diferencia, os de Vilaxoán son unha coral, non un coro, eso en primeiro lugar.
En segundo, os da Illa cobran por todos os días das festas 600€, nin un máis.
En terceiro, sabes tí paifoco, o que ten cada un.
O administrados do blog debería de moderar acusacións coma esta e non permitir a sinverguenzas difamar e insultar libremente.

Núñez dixo

Máis alá dos conflictos dos comentarios anteriores, só quería comentar o excesivo custe que a día de hoxe xera unha cerimonia como o sacramento.
Non hai moitos anos, eran os familiares dos matrimonios que celebraban o sacramento os que se encargaban da realización das alfombras e á porta das casas só se votaban fiunchos. A día de hoxe, a cousa cambia, a realización das alfonbras corre a cargo das floristerias locais e á porta das casas as familias esméranse en deseñar as súas propias "mini alfombras", ademáis de colocar excesivos centros floraisen en cada curruncho, sen mencionar o custe que debe supoñer a decoración da igrexa.
Penso que é un pouco desmadrado as costumes actuais, cun custe moi elevado se do único que se trata é de celebrar unha vida xuntos!!
A propósito do comentario anterior, pregúntome se "paifoco" será un termo empregado só na Arousa, para incluílo no diccionario de ausencias.

Anónimo dixo

Nuñez tes toda a razon do mundo, e non so nos sacramentos senon en todolos actos festivos que actualmente occorren. Os sacramentos e comunions son como bodas e o das bodas e un estrago xa non ten que dicir. Para estar coa familia e celebrar un acto tan bonito como unha convivencia de tantos anos non fai falta arruinarse. Cando o fixeron meus pais houbo duas mesas no Regueiro e no Campo hoxe xa solo fan a do Campo, e a conta de que pagan moitos os das floristerias os carpinteiros, etc subense a parra. Moito sal de cores e pouca flor, e moito beneficio. Oxala se conteña o gasto para que todo o mundo que chega a estas alturas da vida xuntas poida disfrutar dun dia asi cos seus.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...