Buscar neste blog

25 de set. de 2007

O Chopo

O Chopo, en distintos momentos,
no seu lugar de sempre


Apareceu un día no Chufre, desahuciado por algún amo sen escrúpulos. Dende entón, e xa hai anos, forma parte da paisaxe do porto. O “Chopo”, tal e como o bautizaron os que o coñecen, dorme acurrunchado contra o colector do lixo, chova ou vente, e come do que lle dan os veciños. Escoitei nunha ocasión unha conversa na que se falaba de facerlle unha caseta. “A este can poslle unha caseta, e seguro que continúa durmindo á intemperie”, contestou un. E se cadra, levaba razón...

1 comentario:

  1. Vese que está triste e que foi maltratado, como mostra o golpe que ten na parte dereita da fronte.
    Gustaríame que viran a foto os sinvergüenzas que o abandonaron. Está moi ben que o puxeras no blog, a ver si por sorte se enteran de como sofre o can por eles, anque no merecen.
    ¡hai moi mala xente por aí solta!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.