[Susi Rial] Un grupo cada vez máis numeroso de arousáns é afeccionado á práctica do tenis. A imposibilidade de que este deporte se poida practicar na Illa provocou a aparición desta pintada, nun lugar que non semella ter sido escollido ó azar. Trátase dun cartel do "Plan E", situado na Rúa Con do Moucho. O "Plan E" foi lanzado tempo atrás polo goberno para reactivar o emprego, pero para moitos non foi máis que unha operación de maquillaxe, porque as obras que se levaron a cabo, ou se trataban dun simple arranxamento, ou simplemente non se realizaban, como sucede no lugar da foto. A pintada demostra que a poboación ten necesidades nas que as autoridades moitas veces non reparan. Porque ben que se nos di que practiquemos deporte, pero onde?
Buscar neste blog
27 de xan. de 2011
25 de xan. de 2011
As mariscadoras financian a semente cunha cota mensual
Baldes nunha xornada de seca
[Redacción] Tal e como revela a entrevista co patrón maior, o descenso das capturas é un dos principais desafíos aos que deben enfrontarse os mariscadores na actualidade. Na práctica, este problema tradúcese na necesidade de mercar a cría da ameixa e de sementala nas praias. A gravidade da situación empuxou ás mariscadoras, un colectivo que na Arousa agrupa unhas 300 mulleres, a abonar unha cota mensual de 10 euros para financiar a compra da semente. O fondo común creouse o pasado mes de xuño e supón un novo esforzo por parte das sequeiras para continuar vivindo do seu oficio. Nas seguintes ligazóns, poden consultar algunhas das iniciativas que emprenderon:
-A revolución das sequeiras (2007)-A condena de vixiar as praias (2009)
-O mantemento do Chufre (2010)
A enquisa da lingua: gaña o galego
[Redacción] O pobo da Illa de Arousa é maioritariamente falante de galego. A falta de datos estatísticos, a experiencia empírica permite comprobar facilmente esta afirmación, pois a meirande parte dos veciños utilizan esta lingua para comunicarse. Aínda que nas relacións cos nenos se dan situacións diglósicas, o galego semella que aínda permanece como lingua dominante. Na enquisa que publicamos a semana pasada, a maioría dos participantes (54%) aseguraron que seguen a utilizar o galego para falar cos meniños. Un 32% votou a opción de castelán, e só un 13% marcou a opción de “galego mais castelán”. De ser certa esta tendencia, o galego ostenta unha fráxil maioría como lingua inicial entre a infancia arousá, pero, unha vez máis, a experiencia parece apuntar cara un retroceso neste eido, en consonancia coa situación xeral da lingua no resto de Galicia. Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) para a provincia de Pontevedra, a porcentaxe de persoas que aprenderon a falar en galego baixou en catro puntos do ano 2003 ao 2008.
24 de xan. de 2011
'O meu obxectivo é poñer en marcha a hatchery'
Ángel Iglesias considera prioritario rexenerar os bancos marisqueiros
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)