[Redacción] A canción que poden escoitar no vídeo chámase “Pasodoble universal”, e acórdase da Arousa no minuto 1.35, e de Butango e de Polonia. Trátase do tema de lanzamento de “Manual de sedución”, o segundo e último traballo discográfico de Marful, grupo liderado pola cantante Ugia Pedreira. Colaboradora da revista Dorna, Pedreira coñece ben a ínsula así que vai estar coma na casa no concerto que vai ofrecer a noite do venres 17 no auditorio. Nesta ocasión, será co grupo Nordestinas, o conxunto que forma xunto con Guadi Galego e Abe Rábade.
Buscar neste blog
16 de set. de 2010
Xa temos wifi municipal, ou non?
[Manuel Suárez Nieto] Un ano máis, a única actividade que vemos na web municipal é a publicación da adxudicación dos contratos con cargo ao Plan E 2010, Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local. O pasado mes de abril, a xunta de goberno local do Concello aprobaba a adxudicación da obra "Despregue de rede sen fíos para acceso wifi en edificios e instalacións municipais" por un importe de 95.705 euros á empresa Dúo Telecomunicaciones, cun prazo de execución de dous meses. As obras xa remataron e o Concello está a dar claves de acceso a aqueles usuarios que o desexen e se pasen polas dependencias municipais.
13 de set. de 2010
25 anos non son nada
Un momento das obras de construción da ponte
[Susi Rial] O 14 de setembro de 1985 cambiou a vida irremediablemente da xente da Illa de Arousa. A nova existencia do acceso rodado á Illa traería consigo unha nova percepción xeográfica. Antes o Bao daba a sensación de estar lonxe, moito máis lonxe do que está agora. Era un espazo enlamado que semellaba non formar parte da Illa, porque era coma un mundo aparte. A súa contribución foi vital para cumprir o vello soño da ponte.
Os actos do aniversario da ponte
O cartel da festa de aniversario
Fonte: A Illa dos Carcamáns
[Redacción] O Concello da Illa de Arousa celebra do 14 ao 18 de setembro o 25º aniversario da construción da ponte, cunha programación de actividades que inclúe concertos, unha mostra fotográfica sobre os momentos clave da infraestrutura (as reivindicacións populares, a primeira pedra e a inauguración) e unha mesa redonda na que intervirán Sito Vázquez e outros membros da “comisión pro-ponte” de 1979. Os festexos chegan nun momento no que a ponte está a experimentar a maior reforma da súa historia, consistente na reparación dos elementos estruturais e na ampliación da plataforma viaria. As obras, valoradas en 14 millóns de euros, está previsto que rematen a comezos do vindeiro ano.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)