12.9.10

Novo deseño, nova tempada


As vacacións foron longas, pero miren que castelo construímos. É fraxil, xa o sabemos. A calquera hora, a subida da marea lévao por diante. Pero iso non impide que, gran a gran de area, vaiamos edificando soños, experimentando con fórmulas que nos acheguen a un proxecto mediático da Arousa e para a Arousa. Comezamos nova tempada, con novo deseño. Vostedes teñen, como sempre, moito que dicir. O novo correo naillaredaccion@gmail.com está á súa disposición, para enviar notas de prensa, avisos, suxerencias e tamén queixas.

4 comentarios :

Chousa da Alcandra dixo

O fráxil tamén é fermoso; e hai mareas que teñen que anegar cousas. Pero con esas olas xa contabamos, así que o importante é non parar de CREAR.
Un saúdo para os/as carcamáns dende terradentro

Anónimo dixo

Con esa peza de arte efímero descubro este xornal. Botareille unha ollada con tempo

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...