Carlos Otero, candidato á alcadía da Illa de Arousa polo BNG
[Redacción] Dos once concelleiros que compoñen a corporación municipal da Illa de Arousa, Carlos Otero é o único representante do Bloque Nacionalista Galego. Otero conseguiu 437 votos a primeira vez que se presentou como candidato á alcaldía, nas eleccións do 2007. En maio concorrerá por segunda vez ás municipais e agarda que, esta vez, o BNG sexa chave para a formación do goberno. Coa súa entrevista, iniciamos unha serie de conversas cos alcaldables, que iremos publicando cada semana.