Unha repoluda abella de San Pedro, vista desde diferentes ángulos
A abella de San Pedro, tal e como lle chamamos na Arousa, é un insecto voador, de movementos aparentemente torpes. Se un becho peludo coma este lles bate na cara, non se asusten, porque non fai mal ningún. Mais que abella é escarabello, así que non ten aguillón e, ademais, déixase atrapar con facilidade; mesmo semella que lle gustan as atencións.
Segundo nos informan dende Arquivos Entomolóxicos Galegos, trátase dun coleóptero melolóntido do xénero anoxia; concretamente, a nosa abella debe de pertencer á especie anoxia villosa, que se diferencia doutro parente similiar, anoxia australis, porque este último presenta unhas raias lonxitudinais nos élitros. En xeral, a moitos dos membros desta familia chámaselles vulgarmente escarabellos de San Xoán, por eclosionar máis ou menos nesta época do ano, nalgúns casos de forma masiva. Na Arousa é frecuente velos revoar polas hortas á noitiña.