5.7.10

Sons da Arousa: as 10 da noite

Aquí teñen o primeiro rexistro sonoro dunha colección que agardamos ir ampliando pouco a pouco (e mellorando en calidade), ata conformar un arquivo sonoro da Arousa. Comezamos coa peculiar forma de dar as dez do reloxo público da caixa de aforros. A gravación fíxose o 27 de xuño de 2010, ás 22.00 h, con día claro e os paxariños a piar. Admítense suxerencias sobre posibles escenarios.

4 comentarios :

Anónimo dixo

Xa voto de menos sons, ou imaxes, da celebración da victoria de ESPAÑA no mundial onte pola noite aquí na Illa, nun pobo no que creía ausente o sentimento patriótico. Xa vos vale!

Anónimo dixo

Hai moitas imaxes que ver e moitos xeitos de festexar, a min non me molesta ningún, e participo dos que eu quero.

http://www.youtube.com/watch?v=ahTl_MI9bS4

Anónimo dixo

Relacionado con campás, creo que serían interesantes os diversos tipos de campanadas da igrexa: repiques da misa do domingo, toque de mortos, chamada á novena, etc.
Xogo do tute pola tarde, xogándose o café.
Hai moitas escenas interesantes.
Subasta na lonxa.
¿Non quedará ningún son das brúas das fábricas que se puidera recuperar?

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...