Buscar neste blog

10 de mar. de 2009

Chufre ou Xufre?


Ata onde chega a memoria popular, o peirao do Cantiño sempre foi coñecido como o “Chufre”. E as xentes da illa cando falan do porto pronuncian “Chufre”, con che. Así e todo, na normativa oficial da lingua foi adoptada a denominación “Xufre”, con xe, e así aparece nos carteis indicadores e na documentación institucional da illa.
É común nalgunhas linguas o cambio fonético do “x” polo “ch”, por exemplo, como lles ocorre aos castelán falantes que descoñecen a fonética do galego, que ás veces pronuncian “ch” no lugar de “x”: “cha vou”. Así, podería pensarse que a adopción da forma “Xufre” en substitución de “Chufre” responde a unha intención de re-galeguización do nome, entendendo que a xente pronuncia mal.
Tendo en conta que a poboación arousá comunícase maioritariamente en galego e non presenta este tipo de confusións na fala, o cambio ortográfico é cuestionable. A denominación singular do topónimo tamén pode ter contribuído ao erro. En todo caso, sería interesante coñecer a súa orixe. Algunha idea?

4 de mar. de 2009

Charla sobre o líder republicano Enrique Líster

Os comunistas galegos organizan en Vilagarcía un acto sobre a crise económica, no que se proxectará o último documental de Margarita Ledo, "Liste pronunciado Líster". Enrique Líster (Teo, 1907-Madrid, 1995) foi un destacado líder comunista, que loitou á fronte do exército republicano durante a Guerra Civil.

2 de mar. de 2009

O balance dos resultados, en clave local

A Illa de Arousa foi un dos dous concellos da provincia de Pontevedra que lle outorgou a maioría dos seus votos ao PSdeG (o outro foi Fornelos de Montes). Os socialistas manteñen a hexemonía no territorio insular, pero acusan a maior perda da xornada electoral, con 163 votos menos ca nas pasadas eleccións do 2005. Pola súa banda, o BNG, socio no goberno da Xunta, tamén resultou castigado nas urnas arousás, ao perder 68 votantes. O Partido Popular, o grande triunfador das eleccións galegas do 1 de marzo, pode estar satisfeito dos resultados logrados na illa, cun total de 1.193 votos, 251 papeletas máis ca nos anteriores comicios autonómicos.

O PSdeG resiste na illa, pero perde forza. Autonómicas 2009.


Unha vez máis, os veciños da Arousa acudiron masivamente aos colexios electorais, (82% de participación) aínda que esta vez, repartiron o voto entre máis partidos. Se no 2005 elixiron entre seis candidaturas, o pasado domingo obtiveron algunha papeleta 11 partidos diferentes. É de destacar a lixeira subida de Esquerda Unida, con 17 votos máis, e o apoio recibido por UPyD na primeira vez que se presentaba ás eleccións, que o sitúa como a cuarta forza máis votada na Arousa.

Das catorce candidaturas, once recibiron algún voto na illa


Logo dunha lexislatura de goberno bipartito entre socialistas e nacionalistas, o Partido Popular recuperou o poder da Xunta de Galicia, con Alberto Núñez Feijoo á fronte. Ábrese así un novo escenario para Galicia, e tamén para o Concello da Illa, que deixará de ter un goberno afín nos despachos de Santiago. Ata que punto influirá?

1 de mar. de 2009

Os resultados do 2005 na illa


Votos obtidos polas diferentes formacións políticas, na Arousa no 2005



Este gráfico reflicte as votacións do electorado da Illa de Arousa nas eleccións autonómicas celebradas no 2005. Daquela, o censo electoral estivo composto por 4.007 persoas, das que se abstiveron de votar un 19,9%. Tradicionalmente, a illa rexistra sempre unha alta participación en todas as citas coas urnas. Xa veremos os resultados que nos deparan estas eleccións.

28 de feb. de 2009

Guerra de folletos entre populares e socialistas

Portada do folleto propagandístico lanzado polo PP da illa


A resposta do PSOE, máis propaganda electoral


Páxina interior do folleto dos populares


Como xa fixeran en anteriores comicios electorais, as agrupacións do Partido Popular e do PSOE da illa volveron enfrontarse a escasos días das eleccións, mediante panfletos propagandísticos que distribuíron entre os veciños. Os primeiros en lanzar a súa ofensiva foron os populares, cunha publicación de aproximadamente dez páxinas, centrada en denunciar o que eles consideran os "farois" do grupo de goberno socialista. No folleto repasan as promesas incumpridas até o momento polo PSOE: a edificación de vivendas de protección oficial, a construción dunha piscina, dun pavillón de deportes e dun aparcadoiro subterráneo, entre outros.
Pola súa parte, o PSOE respostou ao PP coa edición doutro folleto no que se defenden das acusacións e lanzan, ademais, un novo ataque: as subvencións que recibe por parte da Deputación de Pontevedra a Asociación de Veciños San Xulián, un colectivo que, segundo denuncian, comparte sede co Partido Popular da illa e non ten unha actividade social visible. "En que gastaron os cartos?", preguntan.

Máis páxinas do folleto do PP: sobre as vivendas protexidas e a lei de costas, e sobre as taxas municipais.

Propaganda electoral: o folleto do PP


Fragmento do folleto propagandístico de 10 páxinas lanzado polo PP da Illa de Arousa con motivo das eleccións autonómicas 2009.

Proganda electoral: o folleto do PP


Con motivo das eleccións autonómicas 2009, a agrupación do Partito Popular da Illa de Arousa lanzou un folleto de propaganda electoral, no que ataca a xestión municipal do grupo socialista.

27 de feb. de 2009

A temática 2009 das comparsas

Integrantes da comparsa As Rumorosas

O desexo de chegar aos 5.000 habitantes, para que o Concello da Illa ascenda de categoría –e polo tanto teña acceso a máis servizos– o conflicto do mexillón e a construción da estrada do Chufre –con todas as súas consecuencias– son os temas de actualidade local máis tratados polas comparsas do Entroido 2009.
As letras satíricas deste ano reflicten, ademais, outros asuntos próximos como a creación do punto limpo, as dificultades administrativas para traballar no marisqueo, os apagóns deste inverno ou os roubos nos bares. É de destacar a ausencia de críticas a “Vila PSOE” nas letras populares, a pesares da polémica que levantou, sobre todo na rede. Aquí teñen unha escolma do repertorio das comparsas:

-As Rumorosas
-Os M.D.A.
-Os Carenas
-A Comparsita

Por certo, sábado desfile de carrozas, e o domingo, exhibición das comparsas. Aínda lles quedará voz?

As letras dos M.D.A. (2009)

Annus horribilis
 

QUEN? SON OS CULPABLES
QUEN? PUTOS MISERABLES
QUEN? DO ANO QUE PASOU
QUEEEEEEN?

XA ESTAMOS AQUÍ COMO EN OUTRAS OCASIÓNS
AGORA OS M.D.A. ENTRAMOS EN ACCIÓN.

VAMOS A EMPESAR CON ESE GRAN FOLLÓN
QUE HUBO QUE ARMAR, POLO DO MEXILLÓN

E MIRA PA AHÍ COMO HAI QUE ANDAR
POR CULPA DESE MONO DE VILAXOÁN E
DOS MANGANTES QUE VAN DETRÁS E
AÍNDA OS TEMOS AQUÍ!

SE CHE FAI FALTA UN BONITO ORDENADOR
ALÍ NO CARREFOUR ATOPAS DO MELLOR.
UN CAN CA RABIA, A CARA FOILLE MORDER
A JOSÉ ANÍBAL, E SIN TER POR QUÉ.

E SI VAN ROUBAR AO TEU BAR A UN
ALBORIO DO NAVAL VAI RECLAMAR
SE A MÁQUINA TES QUE CAMBIAR,
PRÉNDELLE LUME TI.

E AS POBRES DORNAS A QUEN LLE FIXERON MAL
PA QUE COA MACHADA, AS JODA UN SUBNORMAL.
DA CARRETERA A OBRA XA SE INAUJUROU,
A PRIMEIRA PEDRA, RESULTA QUE VOOU.

DESPOIS VÉN O PORCO DE DURÁN
TERRORISTAS VENNOS O TIPO CHAMAR.
A TERRORISTA FOI TÚA NAI, CANDO CHE
TUVO A TI

PONNOS DE BEBER QUE É CARNAVAL OU
P'O ANO POÑEREMOSCHE A PINGAR E
CON ESTO VAMOS REMATAR E A
CAMBIAR O PAÑAAAAAAAAAAL.

Entroido 2009Letra composta pola Comparsa M.D.A.

26 de feb. de 2009

As letras das Rumorosas (2009)

Tas coma un toro,
e a ti non che fai falta moito,
á lus das velas, fixemos de todo.
O camasutra, quedouse corto,
e nÓs fixemos, o sejundo tomo.

Sempre no inverno, hai algún apajón,
non nos dou tempo e ca presa
púdonos o calentón.

Pero este ano con tanto temporal
Sólo esperemos que deixe pasar
uns bos días de carnaval.

Aquí na Arousiña, van a naser,
moitos miniños no mismo mes,
¿cantas preñadas vamos a ver?
¿máis de 5.000 chejaremos a ser?
Hai que ir a Joday
pa que corte a lus unha ves por semana,
porque así todo o mundo terá boa cara. (BIS)

E nós xa vamos acabando,
orjullosas do resultado,
sempre as RUMOROSAS,
sejiremos sendo presiosas,
por moito que pasen os anos,
coas nosas letrillas morbosas,
sempre as RUMOROSAS,
despedíndonos ata o ano... (BIS)

Entroido 2009Letra composta pola comparsa As Rumorosas

As letras da Comparsita (2009)

EL Polvorete

XA ESTAMOS NOS CARNAVALES UN NOVO ANO.
CON NOVA XENTE
COMPARSITA ERAMOS POUCOS.
ESTE ANO INVADIRON VILANOVENSES
QUEN NOS IBA A DICIR FAI ANOS QUE CANTARÍAMOS,
TODOS UNIDOS
"CARCAMÁNS"-"CALIVERAS", XUNTOS NOS CARNAVALES,
¡VAMOS JODIDOS!!!!!!

AQUÍ ESTAMOS XUNTOS PARA BAILAR,
AQUÍ ESTAMOS XUNTOS PARA CANTAR
AQUÍ ESTAMOS XUNTOS PA CRITICAR
O QUE NOS PASA
QUEREMOS REÍR E PASALO BEN
QUEREMOS FALAR E ESCOITAR TAMÉN QUEREMOS DICIR
O QUE ESTÁ MOI BEN
¡¡QUE NON É NADA!!

As letras dos Carenas (2009)

XA CHEGOU O GRAN DÍA QUE
VIVA O CARNAVAL CON MOITA
DIFERENCIA O MELLOR FESTIVAL

PERO PA SER SINCEROS SE
QUERES DISFRUTAR HAI QUE IR Ó
MULTIUSOS HAISE QUE JUBILAR

[cambio]
ÁS BARRAS AMERICANAS
A CRISIS TAMÉN CHEGOU
PODERÁS BOTAR TRES POLVOS
E CÓBRANCHE SOLO DOUS
E SE PAGAS COA TARXETA MÁIS
BARATO PODE SER POIS O
GOBERNO NON QUERE
QUE DEIXEMOS DE JODER

(estrib...)
XA TEMOS PUNTO LIMPO
DONDE DE TODO PODES LEVAR
ÁS SOGRAS NON AS QUEREN
DIN QUE NON SIRVEN PA RECICLAR
SI A METES NUN ARMARIO E
DISIMULAS PODE COLAR PERO ANDA
CON COIDADO PORQUE NA ENTRADA
TES QUE FIRMAR

[sos]
NO CONCELLO ESTÁN CABREADOS
CREMOS QUE CON RAZÓN
NA ILLA NON HAI MANEIRA
DE QUE SUBA A POBOACIÓN
OS MOZOS COA CHINGADERA
TOMAN MOITAS PRECAUCIÓNS


[rápido]
QUE OSTIA É O QUE PASA
NESTE AXUNTAMENTO
QUE A XENTE NON CASA NIN POLO CIVIL
E NON HAI MANEIRA DE SER DE PRIMEIRA
POIS PA ESO TEMOS QUE SER CINCO MIL [RP.]

O MUNDO ESTÁ FERIDO E
VAISE CABREAR ALTERÁMOSLLE O CLIMA
E VÁMOLO A MATAR PERO
TENDE COIDADO QUE ANTES
DE MORRER VAINOS DAR
UNHA OSTIA
QUE NOS VAI A JODER

NA COMPARSA DOS CARENAS NON
CANTA CALQUERA XENTE
A PROBA É QUE A BARACA
NOMBRÁRONO PRESIDENTE

DIN QUE XA ESTÁN TRABALLANDO NO
ASUNTO DO MEXILÓN QUE VAI
FONDEAR NA RÍA O MELLOR
PORTAVIÓNS

UNS ANDAN POLOS MUELLES
LEVANDO OSTIAS PA CONSEGUIR
QUE O PRECIO DO PRODUCTO SEXA
RENTABLE PRA VIVIR

OUTROS VAN POLAS PORTAS PARA
VENDELO A PATACÓN PERO QUE
MALA SUERTE TEN SEMPRE O POBRE
DO MEXILLÓN

[sos]
SE QUERES PASALO BEN
NESTA ILLA MARIÑEIRA
TES QUE ENCONTRAR UN ENTROIDO
QUE CHE COIDE QUE CHE QUEIRA
E DESPOIS SOLO TERÁS
QUE PASAR POLA PENEIRA

[rápido]
PERO TEN COIDADO PORQUE HAI LIBORIOS
QUE APROVEITAN SEMPRE ESTA OCASIÓN
PARECEN MULLERES E MÉTENCHE MANO E
LOGO RESULTA QUE SON MARICÓNS [RP.]

DIN QUE O PADRE CASARES
PA ILLA QUEREN MANDAR
PORQUE O NOSO CURA
QUÉRESE JUBILAR
DON CRISANTO ESTÁ CHEO DE
TANTA COMUNIÓN VODAS E
SACRAMENTOS
E DE CONFIRMACIÓNS

XA EMPEZARON CO MUELLE
MOITO QUEREN APURAR POIS
ANTES DAS ELECCIÓNS
QUERÍANO INAUGURAR

AHORA PA IR Á SECA NON ADMITEN
A CALQUERA TES QUE IRÁ COFRADÍA E
ENTRAR EN LISTA DE ESPERA

(Estr...)
HAS DE TER O GRADUADO TODO APROBADO
E ALGO DE INGLÉS
E PA SER DO CABILDO
ALGO DE CHINO E PORTUGUÉS

[sos]
PARA CANTAR NOS CARENAS
UNHA PROBA HAS DE FACER
CATRO LITROS DE VINAGRE
PRIMEIRO HAS DE BEBER
PARA PASAR ESTA PROBA
MOITOS HUEVOS HAI QUE TER

[rápido e fin]
E CON TODO ISTO XA NOS DESPEDIMOS
DESEXANDO TEÑAN UN BO CARNAVAL
PORQUE ISO DA CRISIS É NOUTROS PAÍSES
E AQUÍ A COUSA NON ESTÁ TAN MAL


Entroido 2009 
Letra composta pola comparsa Os Carenas 
Música: "Esta noche no alumbra"

A queima do liborio

O liborio deste ano estivo caracterizado de Hugo Chávez

A queima do Entroido, no Naval


O liborio deste ano, caracterizado de Hugo Chávez, percorreu na noite do martes as rúas da illa, antes de arder no Naval. Un grupo de viúvas escoltaron ao axusticiado durante todo o percorrido e choraron desconsoladas a terrible perda. Trala queima, houbo reparto de pan de millo.

25 de feb. de 2009

Orellas

Orellas caseiras


Fariña, ovos, azucre, manteiga de vaca, unhas pingas de anís e raspadura de tona de limón. Estes son os ingredientes das orellas, un dos doces tradicionais do Entroido máis gorentosos, sen desmerecer ás rosquillas.

22 de feb. de 2009

Cea de comadres



O Tamanaco acolleu o pasado venres, por terceiro ano consecutivo, a cea de Comadres, un ritual do Entroido só apto para mulleres, no que participaron 150 arousás. A festa rematou con barra libre e baile.

Carnaval electoral

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nunha batea da illa, o 18 de febreiro


Catorce candidaturas concorren ás eleccións autonómicas do 1 de marzo pola provincia de Pontevedra. En plena celebración do Entroido, os partidos manteñen unha intensa axenda de mitins e actos propagandísticos para convencer aos electores. Pola illa, de momento xa pasaron representantes de Esquerda Unida, do BNG (o propio Anxo Quintana deu un paseo en barco e deixouse fotografar nunha batea) e do PSdeG, este último representado pola Ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa. Ademais, o pasado sábado 21 celebrouse un nova concentración de protesta diante dos pisos do Furado, coñecidos como “vila PSOE”, convocada pola asociación Cafines.

3 de feb. de 2009

O auditorio aspira ao premio de arquitectura Mies Van der Rohe

O auditorio proxectado por Manuel Gallego, xunto coa Casa do Concello e o Museo da Conserva


O auditorio multiusos da Illa de Arousa, do arquitecto Manuel Gallego, foi nominado aos prestixiosos premios de arquitectura Mies Van der Rohe 2009, convocados pola fundación do mesmo nome e a Unión Europea. O concurso, dotado cun galardón de 60.000 euros, fallarase no mes de maio e nel compiten 340 obras europeas, incluidas 37 de España. O auditorio arousán e o Centro das Artes da Coruña son as únicas construcións galegas que participan na competición.

A pasarela peonal: argumentos en contra

Camiño de terra no parque de Carreirón

Un dos proxectos urbanísticos que se propón levar adiante o concello no vindeiro ano é a construción dunha senda peonal arredor de toda a illa, exceptuando o perímetro do parque natural de Carreirón. A primeira fase da obra xa foi adxudicada por Costas e discorrerá entre a praia do Bao, onde xa hai creado un primeiro treito de pasarela de madeira, e a praia de Salinas.
Nun principio, a idea de poder darlle volta á illa nun cómodo paseo pola beira do mar resulta atractiva tanto para os cidadáns locais como para turistas. Pero unha reflexión máis fonda pódenos levar a cuestionar esta iniciativa. ¿É necesario intervir en toda a liña de costa? ¿Ten que haber un paseo marítimo por Gradín, a praia do Peixe e Espiñeiro? ¿Tamén as Ruvas e a punta do Campelo teñen que quedar ao descuberto para os visitantes?
A instalación dunha pasarela litoral converte en accesibles para as masas todos os recunchos naturais, os poucos que quedan, aínda virxes e resgardados do turismo. O recurso aos "paseos marítimos" pode ser axeitado para certas zonas da illa, pero non semella sostible estendelo a todas as praias. Ás veces, é moito máis seductor, incluso para os turistas, manter o misterio dun carreiro de terra entre silvas e toxos, aínda que piquen.

Os blogs dos alumnos de informática

Captura de pantalla do blog de Paula, alumna do instituto da illa

Os alumnos e alumnas da asignatura de informática do IES Illa de Arousa están a construír cadanseu blog, como parte da súa aprendizaxe do uso das novas tecnoloxías. Xa verán que inclúen algúns contidos referidos á illa. Un dos últimos exercicios nos que están traballando é no deseño dun negocio viábel para a Arousa, como poden comprobar no blog de Adrián Cores.

25 de xan. de 2009

Comezamos o Proxecto talasonimia da Arousa


Nos 36 quilómetros de costa da illa existen moitos lugares con denominación de seu. Os nomes das praias, dos cons, dos caladoiros, das masas marítimas, dos cabos e das zonas rochosas tamén forman parte do patrimonio de todos os arousáns. Foron eles os que, ao longo da historia, foron transmitindo eses nomes de xeración en xeración, como pequenos tesouros orientativos, pistas que resumen o saber popular sobre o lugar. Temos talasónimos referidos á fauna (aguiuncho, niño do corvo), a antigos usos (a salga), ao producto que se obtén deles (a praia do peixe), ás características da paisaxe (Areoso...).

Inspirándonos na recente publicación do libro Talasonimia da Costa Sur de Galicia, do arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, desde este blog propoñémonos recuperar e clasificar as denominacións que recibe o mar na Illa de Arousa. Partimos dunha listaxe de 55 talasónimos, coa intención de ir ampliando a relación e a información de cada un dos nomes, coa colaboración libre dos internautas.

Cada un dos topónimos tentará incluír os seguintes campos de información: nome do topónimo, etimoloxía da palabra, significado, localización, fotografías e outras curiosidades. Alguén se apunta?

Lixo submarino

Un grupo de buzos limpou voluntariamente os fondos de Punta Cabalo


Algúns dos obxectos que sacaron do fondo do mar
(Imaxes collidas do Club de Mergullo Neptuno)


O club de mergullo Neptuno do Salnés, con sede en Cambados, organizou o pasado mes de agosto unha limpeza do fondo mariño de Punta Cabalo, no norte da illa, co obxectivo de preservar o ecosistema submarino e concienciar sobre a necesidade de manter o mar limpo de residuos. A maioría do lixo extraído correspondía a utensilios usados polos mariñeiros, como son nasas, trasmallos, cordas de batea, baldes e neumáticos. No verán anterior, o grupo de buzos realizou a mesma actividade nos fondos do Areoso, de onde sacaron ata unha televisión.

19 de xan. de 2009

A evolución do Comaira

Estado actual do Comaira

Detalle da restauración da "obra morta"

Continuamos a seguirlle a pista ao galeón Comaira, que está sendo restaurado por un grupo de mozos arousáns.

Inaugurado o Museo das Conservas

Numerosos veciños acudiron á inauguración o pasado 16 de xaneiro


Alción era unha das tres marcas que comercializaba Goday

A conselleira de Pesca, Carme Gallego, examina unha lata de conservas

O centro de Interpretación das Conservas, o primeiro museo da illa, xa está aberto ao público. A antiga fábrica de Goday, recoñecida como a pioneira das conserveiras galegas, servirá para a realización de actividades de divulgación sobre o mar e a pesca, e de testemuño do pasado industrial da illa.
No 1912, había instaladas no territorio insular tres factorías de conserva, catro de escabeche e outras tantas de salazón, que empregaban, directa ou indirectamente, a boa parte da poboación, que se contaba en 1.365 persoas. A gran crise da sardiña dos 40 iniciou o declive da industria conserveira, agudizado logo pola imposibilidade das factorías de adaptarse ás novas esixencias da Administración. A última fábrica en pechar foi a de Salvador Otero, no ano 2002.

16 de xan. de 2009

Veciños do Cabodeiro protestan polas expropiacións

Enfrontamento veciñal no Cabodeiro debido ás expropiacións
(foto de Iñaki Abella publicada no Faro de Vigo)

O alcalde frea a unha veciña afectada polas obras da estrada do Chufre
(foto de Martina Miser publicada en La Voz de Galicia)

O acto de colocación da primeira pedra da construción da nova estrada de acceso ao Chufre rematou cun enfrontamento entre militantes socialistas e veciños do Cabodeiro afectados polas expropiacións (unha das familias perderá a súa casa). A conselleira de Política Territorial, María José Caride, visitou onte a illa para presidir o inicio das obras, pero marchou antes do previsto debido ás protestas veciñais, nas que tamén se viu implicado o alcalde.
Na web oficial da Consellaría poden consultar todos os detalles técnicos da estrada, que desviará o tráfico pesado do centro urbano. As queixas non se mencionan.

15 de xan. de 2009

A Area da Secada: o mar



As praias da illa son aínda máis bonitas nesta época do ano, solitarias, baixo a luz invernal. As imaxes son da Area da Secada, hai uns días.

A Area da Secada: a terra

A herba medrou até adentrarse na praia

Coas chuvias, agroman os fungos

12 de xan. de 2009

Pintadas

Pintada futboleira, fronte á panadaría de Mascato

"Arousa", no Regueiro

Unha mostra dos debuxos do Pepis, na rambla

A sinatura dos grifotas está presente nas paredes dende hai anos


Típica pintada de despedida de solteiro

Unha misteriosa mensaxe en francés, "Tranquiliza o teu pobo", no Chufre


As pintadas e os graffitis constitúen unha forma de expresión xenuinamente urbana, que utiliza as paredes e os muros das rúas como soportes de comunicación. Na illa tamén hai afeccionados a esta arte underground.

Imaxes de festa

O patrón San Xulián saiu en procesión o 7 de xaneiro,
como manda a tradición


A decoración "kitsch" do bar Galeón

Este ano, a iluminación das rúas foi un pouco máis moderna
que as montaxes de “bombillas” de costume

A pesares do frío, aínda houbo quen se apuntou en Noiteboa ao botellón,
no banco de pedra da Casa do Concello

Os Carenas


A comparsa Os Carenas celebrou o primeiro de ano interpretando o seu repertorio polos bares. Aquí os temos tomando uns viños no bar Campiño, mentres cantan cancións populares galegas e algunha das súas composicións propias.

6 de xan. de 2009

Tamén estiveron aquí

A cabalgata dos Reis Magos desfilou polas rúas da illa


A comitiva real partiu das Laxes e rematou na Igrexa

Representación do Nacemento na Igrexa, cun neno Xesús moi xeitosiño

Os Reis axeonllados, durante a cerimonia relixiosa