Restos do que podería ser un antigo peirao
Da area emerxen varias construcións rectangulares
Detalle da cista máis completa
Unha segunda cista
E outra máis, aínda soterrada
[Helena Domínguez] O conxunto arqueolóxico dos Tarais-Riasón foi dado a coñecer aproximadamente hai cinco anos. A forte erosión do mar na zona deixou ao descuberto varias construcións de pedra, que chamaron á atención de Benigno Chaves, hoxe patrón maior da Arousa. Segundo publica Rías Baixas, Chaves alertou a uns arqueólogos, que fixeron unha primeira datación dos restos, situándoos entre a Idade de Bronce e a chegada dos romanos. Quen visite hoxe a zona, entre a praia de Riasón e dos Tarais, poderá ver dúas cistas que emerxen da area, e unha terceira semienterrada. Ademais, moi preto deste lugar, existen restos de muros, así como unha especie de rampa de pedras, que puido funcionar a xeito de peirao. É unha magoa que non existan estudos rigorosos sobre este interesante xacemento, totalmente desprotexido e abandonado polas autoridades.