29.7.11

E agora, calamos


[Redacción] Se en agosto de 2006 botabamos a andar este blog coa intención de non quedar calados, o que nos presta agora, cinco anos despois, é calar. O vindeiro 8 de agosto, coincidindo co noso aniversario, imos varar a dorna de na illa. A partir de entón, este espazo deixará de actualizarse e non admitirá máis comentarios. Vémonos noutros mares. Ata logo!

42 comentarios :

José Luís do Pico Orjais dixo

Faz tempo que decidi não comentar mais neste blogue pois teve a sensação de incomodar a alguns dos vossos usuários. Hoje tenho a sensação de que alguma gente saiu-se com a sua.
Desde a ilhadeorjais desejamos-vos o melhor, e sabei que aqui sempre tereis uma praia onde varar.

Anónimo dixo

pois a min persoalmente pareceme unha pena , pero decir que tamen vos entendo , sodes libres de tomar a decision, pero prefiero que sexa un hasta logo e non un adios.

En canto a Pepe, teño leido que a algunha xente lles molesta como escribes, e por desgracia , intolerantes temolos a puñados, pero bueno , pensa que son minoria , non te quedes con esa imaxe do que tamen e teu pobo , a pesar de que fai moito que non vives aqui.

un saudo.

Anónimo dixo

Comentin e participin milleiros de veces neste blog, que é un orgullo para todos os habitantes e non habitantes da nosa Arousiña que se senten Carcamáns. Recoñezo que me esta costando escribir este comentario, xa que son as 7:20 da mañá e teño media area, pero todo é culpa da comisión e coma sempre do jobierno por traer a "Paris de Noia" á Arousa. Como din os anteriores participantes, espero que isto so sexa un ata logo e non un adiós. Este Blog fixonos a todos os seguidores sentirnos mais Carcamáns, mais orgullosos do noso, mais participes na política do noso pobo, mais independentes, e sobre todo, ser mais persoas, e aprender a compartir ideas, que nesta illa de hoxe en dia e bastante complicadiño. Fixonos pensar a todos que somos un pobo completo, un pobo donde en malos momentos todos temos cabida. É unha pena que unhas eleccións democráticas acabaran con este medio de comunicación, nunha época na que cada vez mais Arousáns enriqueciamos a mestura de pensamentos baixo o anonimato para evitar calumnias e prexuizos. Un saúdo a todos.
AT: V.D.

francisco m. cores dixo

Según che puden comentar persoalmente, penso que é unha mágoa que suspendas a actividade deste xornal, aínda que comprendo é comparto a túa decisión. Eu prefiro pensar que será provisoriamente. Para mín, un referente dos eventos e inquedanzas da nosa Arousa. Unha forte aperta e confío en que seguiremos en contacto.

Anónimo dixo

Descoñezo completamente as razóns polas que pechades este blog. Dame pena que desapareza un medio que permite a libre expresión, ainda que algúns confundan a liberdade de expresión co desafogo sen control, chegando a ofender a persoas concretas.
Ata sempre e moitas grazas a súa creadora pola oportunidade que nos deu a todas e todos.

Anónimo dixo

Que pena. Espero que a razon non sea por o tema politico. Eu sempre opinin que os comentarios anonimos non deberian ser permitidos e asi acabariase moito do que pasaba en este blog. Eu teño un foro donde participan mais de 1200 personas e empresas e non permito que nadie falte o respeto nin permito anonimato. Como xa dixen. Unha pena que cerres o blog. Si e por a politica espero que o penses mais. Si e por outras razons, entonces xa non me meto e solo digo que e unha pena xa que eu o visito a diario.

hasta outra.

Anónimo dixo

Moitas gracias por este espacio de liberdade, donde a veces alguns nos pasamos de frenada. pero o fin e o cabo eso e a liberdade, poder opinar. Espero que o descanso sea pequeno pero moi probeitoso. Moita sorte en todo. Ata pronto.

Anónimo dixo

moitas gracias polo voso traballo desinteresado! abristedes unha via de comunicacion estupenda entre arousans!

a ver si nos vemos neses mares :)

Anónimo dixo

É unha pena e unha gran perda porque o blog estaba moi ben. Certamente algúns usuarios, amparándose no anonimato, mostraban as súas vergonzas e mala educación. Pero tamén hai xente de moito valor e con ideas e opinións interesantes.
Sería unha pena que por culpa de catro ignorantes se perdera esta vía de comunicación. Sería un triunfo para eles facer calar coa súa linguaxe intransixente unha vía de opinión moi interesante.
Claro que as razóns poden ser outras. Se é así os meus mellores desexos de que vos vaia ben nos vosos proxectos.

pablo iglesias dixo

AA/TT. Dos responsables do blog.

cando xa fai tempo comencei a escrivir neste blog,primeiro fixeno como anonimo, logo co meu nome ,esto sucedeu,por que a medida que escrivia sintiame mais e mais comodo e orgulloso de ter un medio meu donde expresarme,ainda que as veces habia comentarios bastante desagradables,de xente mal educada,que no saben respetar os seus semexantes,(sobre todo a os non pensan como eles,pero eso pasa en todos os eidos da vida.

o que quero decir,e que non estou dacordo que se cerre este espacio de libertade que temos,
ademais esto e como unha pedra ,ou unha verba,unha vez que a lanzas xa non e tua,por eso, ahi que, ter coidado co que se di ,pois esto e o mesmo,este medio xa e un pouco noso,de tod@s, envito-vos, a que vos dirixades os pais da criatura, e que non "pemitamos" que se cerre esta ventana ,este punto de encontro para o debate .

ainda que non teño nin idea do por que,de verdade penxo que xa que tivechedes a xenial idea de crea-lo,privarnos agora del,non creo que sea un acerto,y o digo cas reservas de quen esta totalmente ignorante dos motivos que teñen os responsdables do blog,para tomar esta decision.

penso que quizas habria que cambiar alguhas cousas,pero non cerralo.

esta e a minha opinion, fagades o que fagades tendes o meu mas sincero afecto e recoñecemento a vosa fermosa e desinteresada labor en favor da informacion e o debate no CONCELLO DA AROUSA.

unha aperta e que teñades vento mareiro na vosa vida.

pablo iglesias dixo

hola a tod@s,penso que e un erro pechar a porta agora que acadamos este espacio de liberdade,non sey os motivos que levou a-os responsables do blog a tomar esta decision.
O que si teño claro e que con alguns retoques este espacio poderia ser algo mais que esto,de todas formas,penso que este espacio xa e un pouco noso,e deveriamos de dirixirnos os pais da criatura,para que recapacitaran se e posivel esta drastica decision,si esto e asi a minha noraboa por elo,si non,so deciros o meu mais sincero agradecemento,por ter creado este blog,esta ventana e punto de encontro dos arousans,e demais participates,que ainda non sendo da arousa,participaron e deron a su opinion aqui,tendes o meu recoñecemento,a quen de unha forma desinteresada creou este sitio,para o debate e a informacion do concello da arousa.
que teñades vento mareiro na vosa vida y hasta sempre.

Anónimo dixo

Que lástima era unha vía para opinar e propoñer debates aínda que hubese xente que facía un mal uso insultando a outros. Pero é o que pasa cando se opina libremente, hai de todo no mundo. Aínda así penso que este blog era aljo positivo para todos podíamos expoñer entre nós o que pensabamos sobre calqueira tema.

Anónimo dixo

Por qué non sometemos a votasión a ver se a xente pensa que nos estamos perdendo aljo importante ou non?

Anónimo dixo

Na miña opinión o peche deste espazo e un erro, agora que acadou un volume de visitantes o meu entender notable. Respecto a decisión de cerralo pero como usuario asiduo do mesmo atreveriame a pedir os administradores do blog unha explicación das razons que os levaron a decidir o cese da actividade.

andrea dixo

unha mágoa, oxalá cambiedes de opinión!
en calquer caso, un pracer lervos todo este tempo

Anónimo dixo

Gustaríame ter máis explicacións sobre por que se pecha este blog, podedes ser máis concret@s, por favor? Os lectores asiduos merecemos máis explicacións...

Síntoo moitísimo, grazas por estes anos de lectura entretida e interesante. Saúdos

Anónimo dixo

Se a persoa ou persoas que abriron este blog, para facelo non pediron nada, non vexo por qué teñen que dar explicacións agora dos motivos polos que deciden pechalo.
Demos as grazas polo tempo regalado a todos e respetemos, neste momento, a decisión.

Juan dixo

Este blog convertiuse nunha vía de comunicación e opinión dos arousáns. Comprendo que este traballo desinteresado require moito tempo de dedicación e as persoas que o levan teñen que atender a outros asuntos da súa vida.
Non se indican as causas do peche; pero dada a relevancia que acadou o blog xa deixou de pertencerlle a quen o creou para converterse en patrimonio de todos os seus usuraios.
Polo tanto penso que os usuarios merecemos unha explicación e que, no caso de que os motivos sexan a imposibilidade de poder dedicarlle máis tempo, propoñer a alternativa de buscar colaboradores, novos xestores ou calquera outra alternativa que abra as portas a súa continuidade.
Calquera alternativa é mellor que a de botar o barco a pique cando tiña máis clientes.

Juan dixo

Non se tome o meu comentario anterior como un reproche contra os seus xestores. Todo o contrario: é un recoñecemento á súa eficiente e desinteresada labor, e un chamamento para que busquen unha vía para a súa continuidade.

pablo iglesias dixo

.dende logo que reproche ningun,sino so gratitude e consideracion,dito esto,ante o silencio do responsables,hay que poñerse mans a obra e buscar alternativas para que este espacio non desparezca,eu non teño nin idea de como ter e manter un blog destas caracteristicas,pero estou aberto a colaborar e facer o que me digan sin hay voluntarios para patronear este barco polos mares da arousa, rumbo a maravillosas e interesantes travesias,que segro non seran sempre con vento mareiro,pero si eso se produce,seran experiencias moy interesantes,asi, que ,animo eu estarei aportando o meu gran de area ,si fay falta, a quen se presente voluntari@.

sin mais a vosa disposicion,unha aperta

UN SEGUIDOR DE ESTE BLOG QUE ESTARIA MOI DECEPCIONADO SE O CERRASEN! dixo

UNHA PENA!! NON O CERREDES, E UN DOS BLOGS QUE MÁIS ME GUSTAN E O QUE CONTAN REALMENTE E INTERESANTE E DENDE TODOS OS PUNTOS DE VISTA!! NON SERÍA XUSTO QUE OS SEGUIDORES DO BLOG NOS DEIXARADES ASÍ, COLGADOS E COA BOCA ABERTA!, PORFAVOR E DE XEONLLOS SE FAI FALTA, NON CERREDES O BLOG!

Anónimo dixo

Para unha cousa interesante que hai para ler neste grande mundo que é internet. Espero que, no que coinciden todos, solo sexa un ata logo, e non un adios, e por suposto que non sea polos temas políticos. A pesar de que hai pouco que descubrin este blog, volvinme adicta, e so espero que esta porta que cerra, abra outra a outros blogs coma este. Un saudo e unha aperta moi grande para todos os que traballachedes nel.

Anónimo dixo

http://www.chuza.org era o agregador de noticias maior en Galicia, estilo "digg", "meneame", etc, e pechou o ano pasado, o 25 de xullo. Tiña tanta participación que uns usuarios retomaron o proxecto pola súa conta, coa colaboración dos creadores do web orixinario.

Desde entón aínda non é o mesmo, pero está bastante ben, e mellor que nada, desde logo que é.

Anónimo dixo

Cambiando de tema e aproveitando que só quedan uns días para o debate. Alguén sabe que burrada están a facer na lagoa de Carreirón? Porque a min pareseme que se están carjando todo. Víchedelo?

Juan dixo

Nas zonas húmidas a superficie do terrno está por debaixo do nivel freático, pero a acumulación de sedimentos e restos vexetais que se converten en turba provocan a colmatación do seu leito ata que o proceso da sucesión ecolóxica converte as lagoas en terra firme e desaparece a lagoa.
Carreirón ten unha gran diversidade biolóxica: teño catalogadas unhas mil especies, e esta gran biodiversidade débese a que se trata dun ecotono, é dicir unha mistura de ecosistemas na que xoga un importante papel a lagoa como subministro de auga doce para tódalas especies.
Baixar o nivel do terreno e limitar a expansión do carrizo e outros vexetais oportunistas son actuacións de recuperación que se realizan para protexer as zonas húmidas evitando que se convertan en terra.
Podemos aceptar a desaparición da lagoa como un proceso natural; pero veríanse afectadas tódalas especies dos restantes ecosistemas a causa da perda do subministro de auga durante a época de verán. Esto xa está pasando e só queda auga nunha escavación que se fixo fai varios anos.
Nas zonas agrarias retírase anualmente o carrizo para utilizalo; pero en Carreirón a parte vexetativa acumúlase no fondo da lagoa e volve a medrar a partir das raíces acelerando a colmatación.
Digamos que o que se está a facer na lagoa de Carreirón é unha especie de operación que ten como obxectivo a supervivencia da lagoa. Evidentemente, toda operación ten uns efectos secundarios que se revirten en melloras tras un período de convalecencia. Se optamos por non operarnos as consecuencias son máis graves e incluso a morte.
En resume: para que siga existindo a lagoa é necesario extraer os sediementos que a van colmatando. Este tipo de actuacións é o que se emprega normalmente para protexer as zonas húmidas contra a desecación.
Cando o que interesa é a desecación faise o contrario: vótase terra encima para acelerar o proceso.
Seguramente durante as obras se verá afectado algún indivíduo; pero o seu sacrificio ben vale para protexer a súa e a outras especies.
Escolleuse a época máis apropiada para minimizar os efectos secundarios e a actuación só afecta a unha pequena parte máis afectada pola colmatación.
É, polo tanto, unha operación ben calculada na que se asumen uns efectos mínimos para asegurar os máximos beneficios non só para a lagoa senón para todo o sistema. Ademáis, os resultados que se acadaron noutras zonas húmidas tratadas do mesmo xeito aseguran a súa efectividade e eficiencia.
Polo tanto podemos estar tranquilos porque non existe ningún tipo de risco, e o éxito está asegurado, se ben a persistencia de auga durante todo o ano vai a depender do seco que sexa o verán.

Anónimo dixo

Juan, todo o que acabas de contar está fora de toda dúbida de que é coas mellores intencións. Pero eu pregúntome que, si a sedimentación da lagoa responde a procesos naturais, non se debería deixar que a natureza proseguise o seu curso? Entendería que se tomasen medidas se a lagoa se colmatase debido á acción do home, pero sen ser así, non se estará metendo a man nunha evolución que se tería que producir naturalmente?

Anónimo dixo

Penso que deberían aproveitar a obra para poñer un Manneken Pis no medio e medio da lagoa. Fíxose un estudo de impacto ambiental? é zona protexida. Fagan as súas apostas...

Anónimo dixo

Mellor un Busto de Louzan , xa postos, este home merece unha homenaxe do pobo da arousa. ;)

http://atimeucambados.blogspot.com/2011/08/escandalo-maiusculo-nos-tempos-de-crise.html

no vos perdades o video do baile , con chichito o de Cambados por ali o lado , non ten desperdicio.

Juan dixo

Para Anónimo 30:
As actuacións humanas sen control prexudican á natureza. Pero os humanos tamén podemos facer actuacións que melloren as condicións naturais.
Tamén podemos deixar que actúe a natureza cando se nos infecta unha ferida ... pero cun medicamento eficaz asegurámonos de non perder o brazo.
O proceso natural de sedimentación acabará, sen ningunha dúbida, coa lagoa: é o proceso de sucesión ecolóxica secundaria que ensinamos en Ciencias Naturais da ESO. ¿Aceptámolo ou queremos que siga existindo a lagoa?. Ese é o dilema.
Para o anónimo 31: Dentro das actuacións humanas sempre hai xente que quere deixar a súa pegada. ¿Ti cres que quedaría ben o Manneken Pis en Carreirón? Seguro que outros preferirían unha estátua ecuestre. Pero do que se trata é de deixar o espazo da lagoa nun estado natural ... pero con auga. Unha lagoa sen auga xa non é lagoa.
O resto sobra, así que é mellor que no nomees por se a alguén lle xurde unha idea.

Anónimo dixo

Pois a verdá e que a explicación tranquiliza bastante porque cando paso por ahí e vexo as máquinas e todo o terreo revolto e pedras dispostas para ser colocadas non entendía que estaba a pasar

Xa non sei donde vivo dixo

Que a sucesión da lagoa dea lugar a unha braña sería o máis lóxico e, por conseguinte, o proceso natural, como o da formación do istmo de carreirón (tamén se podería dragar e volver a ter duas illas). Eso non implica a desaparición de especies, se non a adaptación das mesmas ou a aparición de outras novas.
E xa rizando o rizo, a lagoa pode favorecer a aparición de culícidos e outras especies transmisoras de enfermidades, do mesmo xeito que a presión antrópica fai inviable o mantemento do espazo como un lugar diferenciado ao que chamar parque natural (xa que se fala de enfermedades sería como tratar un tumor con paracetamol)por canto Carreirón, salvo que se modifique a catalogación da protección, está chamado a ser un espazo singular e atractivo pero no que ninguén vai a atopar reliquias como a laurisilva macaronésica.
En fin, eu non estou de acordo con Juan e non lle tocaría pero "doctores ten a igrexa". Solo espero que a excavación produzca os seus efectos e non acabe igualmente desecándose cando chegue o vran e dadas as características do sustrato será o máis probable.
Aproveito para saudar a Juan, desexarlle éxito e despedirme do blog.
Snif!!!

francisco m.cores dixo

Pois a min non me tranquiliza nadiña a xustificación aportada por Juan. Non son naturalista pero dame pánico pensar en que o ser human poña a súa nefasta man nestes espacios naturais. Por outra banda, e xa dun xeito mais formal ou legal, gustaríame saber qué grupo ou asociación ecoloxista deu o seu visto bó a este dragado (porque para mín e pura e simplemente un dragado, non unha limpeza). Ademais, si se trata dun espacio protexido, supoño que tamén estará protexido de esas criaturas infernais ás que chaman excavadoras, ou éstas tamén forman parte do ecosistema? En fin, que si o que queren algúns e facer outro "Loro Park" que o digan claramente, e que non utilicen eufemismos. Cando vin tal desfeita, pareceume de certo unha película con aqueles planos de trincheiras da primeira guerra mundial. Esta obra paréceme un despropósito, por certo, moi parecido ó arraso que lle meteron ó xacemento da praia do naso, onde a base de radial i excavadora levantaron parte das construccións probablemente romanas ou incluso anteriores que están alí soterradas. A historia de sempre. Aproveito que vou embalado para rogarlle unha vez mais a Helena que reconsidere a decisión de suspender este espacio, pois xa estamos vendo o interesantísimo que resulta como foro de debate dos acontecementos e incidencias da nosa Arousa. Saúdiños.

Juan dixo

Para "Xa non sei donde vivo": Hai máis reliquias que as da Laurisilva, e en Carreirón hai unha cuantas; pero cada quen pode establecer o seu propio catálogo de prioridades.
Por culpa do medo aos mosquitos cometéronse verdadeiras atrocidades ecolóxicas, o mesmo que coas lendas do lobo. ¿Coñeces o caso dos pardais de Mao en China?
Carreirón ten a importancia de ser facilmente accesible e posuir nunha pequena superficie unha gran variedade de esosistemas e unha gran biodiversidade. Ten varios niveis de protección entre os que se atopa o de ser unha zona húmida, que é a que se está a protexer con esta actuación.
Certamente non é unha lagoa senón unha braña, como moi ben dis. Chamámola lagoa por costume.

Para Francisco: Eu son ecoloxista, pero tamén ecólogo con dous másters en xestión ambiental e profesor de técnicos en medio ambiente. Por ese motivo sei que os humanos podemos actuar en beneficio do medio ambiente, se ben é certo que a maioría dos actos humanos provocan efectos negativos. De feito, cando respiramos estamos expulsando dióxido de carbono que provoca o efecto invernadoiro que, contrariamente ao que pensan moitos é beneficioso xa que en caso contrario estaríamos a 54 graos baixo cero de temperatura media na Terra. O malo é o cambio climático e o quecemento global.
Hai que ter un pouco de coidado con esaxeracións do tipo loro park. Cando fai máis de 20 anos comezamos a promover a xestión das concesións marisqueiras con vistas a abrir a posibilidade de mariscar durante todo o ano houbo que correu a voz de que pretendíamos privatizar as praias para venderllas aos xaponeses. Daquela o marisqueo empezaba o primeiro de outubro e a partir do quince xa non se sacaba máis de medio kilo mariscando toda a mañán. A Arousa foi pioneira no marisqueo moderno. Hoxe xa ves como traballan as mariscadoras en toda Galicia, e eso que ainda quedan ideas que non se abordaron. O único que veu de Xapón foi unha ameixa que se introduceu anos máis tarde en contra da miña opinión.
Repito que as actuacións que se están a realizar deron moi bos resultados noutras zonas húmidas protexidas e contan co visto e prace dos técnicos da consellería de Medio Ambiente que acolleron con gran interese o proxecto e o van a aplicar noutros lugares. Ademáis é Medio Ambiente (a través dunha empresa especializada) quen está a realizar a actuación xa que son os únicos con capacidade legal para realizala nun espacio protexido.
Non son os grupos ecoloxistas os que teñén que dar os permisos, senón os técnicos de Medio Ambiente. Os ecoloxistas podemos dar opinións e suxerencias, uns con máis coñecementos técnicos e outros con máis coñecementos do terreno; pero a decisión final é dos técnicos da Consellería de Medio Ambiente.

Anónimo dixo

Efectivamente non son os ecoloxistas os que teñen que dar os permisos, penso que o comentario tampouco se refería literalmente a iso. Da mesma maneira tampouco son os técnicos os que dan os permisos, senón os órganos competentes axustándose ao procedemento establecido, art. 53 da Lei 30/92, no que os técnicos teñen moito que dicir emitindo informes preceptivos vinculantes ou non dependendo dos casos, pero nunca a decisión é tomada por eles polo simple feito de ser técnicos.

En todo caso, peores cousas teñen acontecido no Carreirón, coma os incendios que tamén motivaron a creación deste blog que parece, de momento, déixanos. Agardemos que outras iniciativas ocupen este espazo, ao meu entender, absolutamente imprescindíbel.

Adeus, que vaia ben.

http://www.youtube.com/watch?v=nbV15FrbHCU&feature=related

Juan dixo

Tes razón. O que pasa é que os termos legais buscan a precisión para evitar as interpretacións (e ainda así no consiguen). Deste xeito hai que ser avogado cando se fala das leis porque o que nos parecen pequenos detalles sen importancia aos profanos resultan fundamentais para os entendidos.
Para rematar quérolle desexar a Helena grandes éxitos nos seus proxectos futuros, creo que ten capacidade e forza de vontade para que a sorte sexa a súa aliada.

Anónimo dixo

Hoxe é un dia triste. Que os ventos sexan favorables. Un Saudo

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...