23.2.11

Os resultados da enquisa: coroamos o pan de ovos


[Redacción] Unha vez pechadas as votacións da enquisa para elixir o prato máis representativo da Arousa, non nos queda outra que coroar o pan de ovos como o rei gastronómico da ínsula. A repostería carcamana impúxose a outras opcións como o polbo cocido con patacas (fervidas na mesma auga do cefalópodo), un prato tamén coñecido baixo a marca turística e de vocación exportadora, “estilo illa”. O ghaspacho de chícharos resultou unha opción pouco votada, probablemente por pouco coñecida, e sorprende que obtivera menos apoios que a caldeirada de rinchas en escabeche. A rincha é un peixe abundante, así que hai moito comensal local aburrido dela. Agora só falta que os que votaron “outra” opción, nos digan cales eran as súas propostas.

3 comentarios :

Anónimo dixo

Está claro que o mellor é o pan de ovos e débese de faser en moi poucos sitios pq cando eu falo dél do puente pa alá non o conosen. O do polbo coas patacas cocidas na auga xa é moi famoso e tés rasón cando dis que xa estamos fartos de rincha inda que sije habendo quen lle dá moito mérito e o jaspacho non creo que sea máis descoñesido senón que eu penso que non se lle dá moito mérito.
Por serto probei a faser a reseita do pan de ovos que coljaron aquí os internautas e noto que lle falta aljo de doce e non me saleu moi esponxoso debería ter máis buratiños. Aljén sabe como podo faser? Ó final comérono as jaliñas, desde que serrou Pacholo non volvín comer pan de ovos, como o voto de menos. Outra cousa comentaronme que hai levadura de panadería doce para postres pero preguntei en varias panaderías e dín que non saben. Será por botarlle levadura normal ou mentíronme cando me falaron da existencia da levadura doce?

Anónimo dixo

Non creo que haxa levadura doce,si cadra refirense á levadura de panaderia en pó de Maizena que vai moi ben.O pan de ovos telo que amasar moi ben e deixalo levedar moito tempo,sin presa.

Sijo estrajando masa dixo

Jope pois volvino faser deixando levedar toda a mañan fasendo o bolo a mediodía e deixandoo levedar toda a tarde e ten buratiños pero non me sae esponxadiño, é demasiado denso, os buratiños deberían de abrir máis, e quédame unha codia dura por riba. Polo menos xa vai sabendo mellor jeje

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...