6.10.10

Enganchados ó Facebook


[Susi Rial] As redes sociais son o último chanzo na comunicación virtual, que comezou no seu día co sinxelo correo electrónico. Os arousáns non estamos á marxe destas novas tecnoloxías. Redes como Tuenti, Twitter e Facebook adoitaban ser de uso case exclusivo da xente nova. Pero hoxe en día a idade dos usuarios está moi diversificada, o cal enriquece en gran medida os seus contidos.
 As divertidas fotos da última noite de festa, denuncia social, música de todo tipo, curiosidades, o último vídeo de moda no Youtube... son só algúns exemplos de como é unha tarde de Facebook na comunidade arousá. Resulta un medio especialmente útil no caso dos bares, con permiso do resto dos comercios. Por medio do Facebook anuncian os seus concertos, churrascadas e todo tipo de acontecementos que vaian celebrar.
Mención especial merece a páxina de "A Illa dos Carcamáns". Con máis de 600 amigos, está especializada en fotos antigas e paisaxísticas da Illa, logrando petar no corazonciño dos arousáns, especialmente no daqueles que viven fóra. No Facebook tamén podemos atopar páxinas de fans arousáns, como "Orgulloso de vivir en A Illa de Arousa", "A Illa de Arousa" ou "Peña Carcamáns", que anuncia con gran antelación, entre outras cousas, a hora de saída dos autobuses para o partido do Celta que toca. Así pois, o que chega tarde non ten escusa. E con isto só estamos a nomear algúns exemplos, porque enumerar todo sería imposible.
Adóitase dicir que as redes sociais como o Facebook son para xente entremetida que gusta de axexar pola ventá indiscreta do computador. Se ben non podemos asegurar que isto non sexa así, si estamos en condicións de dicir que, na meirande parte das veces, a xente ten moitas e moi interesantes cousas que contar. E o universo Arousa no Facebook dá moi boa conta diso.

8 comentarios :

Anónimo dixo

o que non entendo e o misterio que lle pon o propietario do perfil A illa dos Carcamans en manter o anonimato , xa que eu como usuario do facebook no admitin como amigo por non saber de quen se trata.

PD: alguen oeu que estaban intentando montar un coro na Lama ???......

Anónimo dixo

cada un ten dereito a manter o anonimato, ti mismo o mantes.

coro na Lama?

canto misterio sin resolver¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dixo

Manda collons, (no admitin como amigo por non saber de quen se trata) fai coma ti, anonimo. Ti si que tiñas que ir pa Lama.

Anónimo dixo

Pois non, no admitin porque non sei quen e, e o facebook e un sitio para agregar a amigos, asi que si non che gusta , aios........

Eu non teño que ir para a Lama , porque me levanto moi cedo todos os dias e non me dedico a nada ilegal.....asi que si te picas de novo , aios.

Anónimo dixo

Aljén sabe porqué no galego normativo lle encasquetan o artículo ao noso topónimo? Por curiosidade e porque sona raro dicir de A Illa de Arousa.

Anónimo dixo

a min persoalmente gústame máis coa "A"...pero non sei por que sucede, tamén pasa con "A Coruña". ¿Por què?

Anónimo dixo

pero o da coruña foi traducido por un falso articulo porque ven de acrunia que é unha palabra soa ao igual que Agolada, Ogrobe e Avaña. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14.07.1983). No seu artigo 10 establece: Os topónimos terán como única forma oficial a galega. Pero porqué se inclúe o o artículo no topónimo? Sobre todo porque usamos formas contraídas e non dicimos Concello de a Illa de Arousa nin eu son de a Illa de Arousa senón Concello da Illa de Arousa. E se o dís en castelán como o artigo tamén forma parte do topónimo Ayuntamiento de A Illa de Arousa. Non me acaba de cadrar.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...