18.5.09

Unha guía de paxaros de Carreirón

Portada da guía

A asociación medioambiental Carreirón, un colectivo de nova creación resultado da xuntanza de Gaia, Illa Natura e a Xunta de Montes, presentará nos vindeiros días a primeira guía de aves e mamíferos do parque natural de Carreirón. A obra foi realizada en colaboración cos departamentos de medioambiente do Concello da Illa e da Xunta, e está asinada por Miguel Ángel Conde Teira, biólogo especialista en ornitoloxía, e Samuel Paz Parracho, un bo coñecedor dos paxaros da Arousa, fundador de Illa Natura e autor das fotografías. A guía contén os datos dun cento de aves e oito especies de mamíferos que se poden avistar na Arousa, acompañados de imaxes de alta calidade. A presentación está prevista para o 23 de maio no auditorio.

2 comentarios :

Dedo en la Sopa dixo

Noraboa por este blog que enlazamos ao noso.

Haberá algunha forma de que nos axudes para conseguir esta guía en pdf. Gustaríanos colgala no blog que levamos sobre turismo en Pontevedra.

turismodepontevedra.blogspot.com

Se nos deixaras algún correo electrónico de referencia dos que elaboraron a guía poñeriamonos en contacto con eles.

Moitas grazas.

nailla dixo

Ola, que eu saiba só distribuiron a guía en formato papel, pero podes probar a contactar co Concello, a ver se teñen dispoñible o pdf:
turismo@ailladearousa.es

Saúdos

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...