Foto: Toñito Gil
O mar batendo no desaparecido 'malecón' do CampoA antiga fonte do Charco
A "illa dos Carcamáns" é unha nova páxina do facebook que está a difundir fotos antigas da Illa de Arousa. O espazo constitúe un valioso banco de imaxes, no que se poden atopar fotografías como as que mostramos aquí: unha fermosa estampa dun temporal con toda chea no Campo (canta xente se debeu anegar ao pasar por aquí!) e a primitiva fonte do Charco, que aínda hoxe continúa sen repoñer, e da que algúns mesmo negan a súa existencia.